Nun encontro moi intenso e loitado, as mariñás non mostraron a súa mellor versión cunha primeira parte que lles custou o encontro
Burela, 12 de abril. Comeza a fase final da Copa da Raíña no Polideportivo Municipal O Limón en Málaga. Os 4 encontros dos cuartos de final celebráronse nesta xornada de venres cun primeiro partido esta mañá ás 11.00h, MCD Torreblanca Melilla – AE Lles Corts UBAE no que o conxunto melillense se clasificou para a semifinal, continuando co derbi madrileño, Arriva Alcorcón – MRB Móstoles FSF, emocionante partido no que se clasificou o Alcorcón. Ás 16.00h o terceiro partido do día, LBTL Alcantarilla – FSF Castro Bloques Cando no que pasou de rolda o conxunto murciano e pechando a xornada o clásico dos clásicos, ás 19.00h, Futsi Atlético Navalcarnero – Pescados Rubén Burela FS. Un partido moi competido no que as de Julio Delgado cederon demasiado nunha primeira parte frouxa e unha segunda parte máis centrada pero cunha vantaxe demasiado difícil de superar ante un rival que non permitiu.
Comeza o encontro coa tensión e paixón que un clásico como este en fase de cuartos de final, se merece. Poucas ocasións por parte dos dous equipos aínda que moito ritmo e xogo de balón. Cun Pescados Rubén Burela FS máis despistado do que nos ten habituados, xerando poucas ocasións e con numerosos fallos defensivos, deixando gran protagonismo a Ana Eliza que deu a cara no partido salvado varias ocasións que podían deixar un resultado máis avultado. No minuto 5 Emilly retírase do xogo tras unha torcedura de nocello que tras as primeiras exploracións parece unha escordadura no mesmo. No mesmo minuto María Sanz métea ao segundo pau tas un fallo na defensa do conxunto mariñán. No minuto 10 Becha de novo, cunha xogada moi parecida, mete o 2-0 para o conxunto madrileño e dous minutos despois Irene Córdoba consegue o terceiro quedándose soa ante a xove porteira brasileira nunha contra. Entre as poucas ocasións do Burela, unha no minuto 15 de Cilene, nun saque directo de falta que sae fóra rozando o pau nun perspicaz tiro raso. Chega o descanso 3-0 no marcador.
Na segunda metade o Pescados Rubén Burela FS sae con algo máis de intensidade e decisión, aínda que ante un equipo moi forte nada fácil de superar. No minuto 25 Antía consegue recortar distancia nun saque de esquina de Noelia Montoro que a coloca perfecta para que Antía a empuxe dende o segundo pau cara a dentro da portería. Continúa o xogo de balón sen moitas ocasións salientables, unha de Dany no minuto 31 nun 3×1 non logrando superar a Marta Balbuena. No mesmo minuto entra Cilene como porteira-xogadora e no 33 Emilly reincorpórase ao xogo. No 36 grandísima ocasión de Patricia que se atopa con Marta Balbuena nun remate dende case dentro da liña de meta. Un minuto despois Laura Córdoba métea a portería baleira practicamente sentenciando este partido no que o conxunto madrileño deu moita guerra ás mariñás, pero chega o hat-trick de Laura que remata o encontro, a portería baleira, no último minuto.
As vixentes campioas non logran pasar de rolda neste coincidente clásico de cuartos de final da Copa da Raíña, as madrileñas loitaron pola clasificación ante un Burela que non logrou sobrepoñerse a tempo. Dende o club damos o parabén ao Futsi Atlético Navalcarnero pola vitoria e desexámoslle sorte nesta competición.
Ficha Técnica Futsi Atlético Navalcarnero 5-1 Pescados Rubén Burela FS
Futsi Atlético Navalcarnero (5): Marta Balbuena; Leti (C), Irene Córdoba, María Sanz, Laura Córdoba -cinco inicial-, Rapha Martins, Becha, Ari, María Moreno, Ju Delgado, Lora, Anita Luján, Luchi, Bea Parrón.
Pescados Rubén Burela FS (1): Ana Eliza; Dany, Cami, Irene Samper, Emilly, – cinco inicial-, Irene, Cilene, Antía Pérez, Cris Blanco, Aroa, Rafinha, Patricia, Noelia Montoro, Ester (P). Entrenador: Julio Delgado
Goles: 1-0, min.4: María Sanz. 2-0, min.10: Becha. 3-0, min.12: Irene Córdoba. 3-1, min.25: Antía Pérez. 4-1, min.37: Irene Córdoba. 5-1, min.39: Laura Córdoba.
Árbitros: Tiare Belén Valencia Olivares, Javier Moreno Reina, Noelia Gutierrez Muñoz, Javier Guzmán Vaquero.
TA: Jose Daniel Gracia Iglesias, Ju Delgado, Sergio Bretón, Irene Córdoba, Fabiana Ribeiro, Julio Delgado, Antía Pérez, Cami.






















Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.

