Ribadeo, 15 de maio de 2024. O vídeo podcast Terra UP Arte de Terra Branca acaba de cumprir 2 anos. 25 foron as entrevistas, de diferentes disciplinas artísticas, realizadas ata o momento. A terceira tempada está en marcha.
O 16 de febreiro do 2022 a Galería Terra Branca de Ribadeo inaugurou un vídeo podcast co obxectivo de entrevistar a persoas relacionadas co mundo da arte. Cada tempada está composta por dez episodios e xa vai pola terceira. Os capítulos, gravados na Galería Terra Branca están dirixidos e presentados por José Ramón Leal, dono do establecemento: “mi padre fue locutor de Radio Juventud y, aunque yo disfruto más tras la cámara, me enseñó a amar la comunicación”.
Por este espazo pasaron escritores, pintores, actores, tatuadores, ilustradores, cantantes, etc… José Ramón Leal conta que “nos interesa el mundo del arte en general. Por eso disfrutamos sabiendo un poco más de los artistas, de sus experiencias y de sus anécdotas”. Y añade que “es un programa bilingüe, lleno de diversidad cultural. Está en nuestros planes entrevistar a una trapecista que hemos conocido. Todas las disciplinas artísticas encajan en Terra UP Arte”.
A realización do programa faise con tricámara e intercalando imaxes e vídeos dos entrevistados, dando así un dinamismo á produción. A duración oscila de 15 a 30 minutos. O apartado técnico corresponde a Terra Branca Audiovisuais, o departamento audiovisual da galería ribadense.
Foron vinte e cinco as entrevistas realizadas ata o momento e as próximas xa están concretadas. A cantante Lucía Pérez e o escritor Pepe Peinó serán futuros invitados do programa Terra UP Arte. Algúns dos participantes no vídeo podcast de Terra Branca foron: Lucía Ferro, Paco Rivas, Juanma Tapia, Oniel Rodríguez López, Mariángel Leal, Elvira Felipe… Todos os episodios pódense escoitar na plataforma IVOOX e ver nas redes sociais de Terra Branca ou na canle de Youtube, Terra UP Arte.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



