Celebrarase do 26 ao 29 de xuño con 89 bandas nun dos carteis máis “grandes e ambiciosos, dado que máis de 60 delas nunca actuaran antes en Viveiro e outras 17 nunca o fixeron en España”
Lugo, 9 de maio de 2024. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves coa Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, un acordo de colaboración para impulsar a proxección da 19ª edición do Resurrection Fest cunha achega da institución provincial de 150.000€.
José Tomé deixou de manifesto que a institución provincial ten un compromiso firme co Concello de Viveiro e co festival para contribuír á súa celebración porque “é moito máis que música, o Resurrection Fest é unha celebración cultural de gran importancia para a nosa provincia e para toda Galicia”. “Estamos comprometidos con seguir colaborando co Resurrection Fest para asegurar o seu éxito continuado e para fomentar o seu impacto positivo na Mariña e na provincia de Lugo”, afirmou.
Ao longo dos anos, lembrou o mandatario provincial, o Resurrection Fest converteuse nun referente no panorama musical, atraendo a milleiros de persoas de todas partes do mundo. “A súa contribución á promoción do noso territorio non ten precedentes, e por iso é fundamental que sigamos apoiando este tipo de eventos non só a nivel económico, senón tamén a nivel social. Quero agradecer ao Concello, a todos os organizadores, voluntarios, patrocinadores e colaboradores que fan posible que o Resurrection Fest sexa un éxito ano tras ano o seu traballo e dedicación”.
Así mesmo, explicou que se trata dun evento “que concorda perfectamente co modelo de turismo polo que apostamos na Deputación. Vivir experiencias, desfrutar da música e compartir momentos únicos con xente de todo o mundo nun enclave espectacular como é a comarca da Mariña”. Nas súas palabras, o Presidente evidenciou que o festival conta cunha alta calidade musical e xera un retorno “moi importante”. Así, os datos das últimas edicións do Resu revelan que, de cada 10 euros investidos no festival, 4 quédanse na industria da música, mentres outros 6 quedan na contorna. Desta forma, xuntando o impacto socioeconómico e a promoción mediática, o retorno do Resurrection Fest sitúase nuns 25 millóns de euros para a comarca da Mariña.
O programa
Os vindeiros días 26, 27, 28 e 29 de xuño “volverá a poñerse no mapa mundial Viveiro, A Mariña e o conxunto da provincia de Lugo grazas ó Resurrection Fest, que este ano reunirá a 89 bandas nun dos carteis máis grandes e ambiciosos, dado que máis de 60 delas nunca actuaran antes en Viveiro e outras 17 nunca o fixeron en España.
Este ano o Resurrection Fest contará con bandas como Alice Cooper, The Offspring, Avenged Sevenfold, Sum 4, Machine Head, Megadeth, Bad Omens, Babymetal, Electric Callboy, Acept, Fear Factory, Delain, Sôber, Finntroll, Crystal Lake, Biohazard, Comeback Kid, Cromags, Bob Vylan, Lendakaris Muertos ou Graveyard. Pódese consultar a información completa desta edición na súa páxina web: www.resurrectionfest.es





















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



