A eurodeputada do Bloque participou nas xornadas “Por un agro galego con futuro”
Mondoñedo, 4 de maio de 2024. A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, subliñou hoxe que o agro galego ten que ter “voz directa” en Europa e asegurou que os sectores produtivos estratéxicos seguirán sendo defendidos polo BNG nas institucións europeas fronte a defensa que fai o PP dos terratenentes no resto do Estado. “Non podemos permitir que desapareza a nosa actividade agrícola”, salientou a eurodeputada galega no transcurso da conferencia “Por un agro galego con futuro”, na que hoxe participa en Mondoñedo.
“No BNG defendemos un rural vivo e consideramos que a PAC debe actuar como mecanismo de apoio directo ás rendas dos agricultores e agricultoras e que sosteña o noso modelo de agricultura”, salientou a eurodeputada galega, quen denunciou que a PAC non ten en conta a identidade territorial de Galiza e as características propias da tradición agraria familiar, sostible e de proximidade propias do agro galego. “O problema para Galiza é que a revisión da PAC segue a favorecer a grande industria e non se propoñen medidas significativas para mellorar os ingresos dos agricultores e facilitar o relevo xeracional”, criticou Ana Miranda.
Por outro lado, segundo apuntou Ana Miranda, precisamente a redución da actividade agrícola é unha da causas do descenso demográfico no rural galego. “O desleixo do goberno galego do Partido Popular chega tamén a este eido”, denunciou a eurodeputada do Bloque, quen tamén fixo referencia a ineficacia do PP na xestión das axudas á produción ecolóxica. En concreto, no ano 2022, o goberno galego só asignou 3,18 millóns de euros en axudas, fronte aos necesarios 5,6 millóns de euros para cubrir todas as solicitudes presentadas, o que significa a falta de asistencia para o 43 % das hectáreas solicitadas.
Demandas do sector
A eurodeputada galega lembrou que o Bloque ten trasladado á Comisión Europea as demandas do sector, en concreto a través de preguntas parlamentares nas que se fai referencia á necesidade de simplificar as cargas administrativas como o novo caderno dixital; a adaptación da metodoloxía dos ecoesquemas e do catálogo de ecorréximes a nosa realidade; así como a flexibilización da condicionalidade e a aplicación das cláusulas espello como principio de reciprocidade nos acordos comerciais internacionais.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



