Lugo, 29 de maio de 2024. A Praza dos Fornos da Pontenova acollerá este sábado -1 de xuño- unha nova edición da Foliada A Chocolateira, organizada pola Asociación Cultural Eco das Minas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova.
A deputada de Cultura Iria Castro achegouse ata A Pontenova, onde recoñeceu e agradeceu o traballo das organizadoras do evento, que ultiman os preparativos para unha xornada festiva arredor da música tradicional.
A xornada comezará ao mediodía cunha actuación de Branca Villares sobre Os Maios. Despois haberá unha sesión vermú con A Chocolateira e ás 14.00 horas terá lugar unha homenaxe aos gaiteiros da contorna do Eo e dos Oscos.
A actividade continuará durante a tarde, con billarda e xogos tradicionais a cargo de Troitas Bravas e Xotramu, unha actuación de Paco Nogueiras -para público inafntil – e a actuación de Toxo Queimado.
A xornada concluirá coa actuación da banda De Ninghures, un dos novos valores da música en galego, recentemente recoñecida co premio aRi[t]mar á mellor canción galega co seu tema Morena.
Iria Castro puxo en valor “o traballo do asociacionismo cultural na promoción da música tradicional” e mostrou o apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo a estes eventos que “demostran o dinamismo da nosa cultura e da nosa tradición, que involucra cada máis á mocidade”.
A Praza dos Fornos contará tamén cun mercadiño de artesanía, xoiería e alimentación de produtoras e produtores da zona. A organización invita tamén a traer comida para tomala na contorna da Praza e do río, e pasar a xornada completa na Pontenova.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



