A moción foi rexeitada polos votos en contra do PP e a abstención do PSOE
Madrid, 29 de maio de 2024. A senadora do BNG, Carme da Silva, defendeu a oposición á instalación de Altri en Palas de Rei na cámara alta traendo o rexeitamento total das galegas e galegos a este proxecto. Lamentabelmente, a moción non contou co apoio de PP e PSOE que, para a senadora nacionalista, teñen unha postura a favor dos intereses da empresa: actuando o PP mesmo como representante da empresa, e o PSOE como “Google Maps” segundo a distancia en que se atopen de Palas de Rei.
Manuel García Pardo, CEO e propietario de Greenalia, afirmou que “ve a Galiza como unha fonte de recursos a explotar e a espoliar”, comezaba así a intervención da senadora nacionalista en defensa da moción do BNG en contra da implantación da macrocelulosa en Palas de Rei. Unha frase que, segundo explica Carme da Silva, evidencia a visión empresarial que impera no proxecto de macrocelulosa que Altri pretende implantar no “corazón da Galiza”. Compartida, esta visión, por personaxes como Beatriz Mato, exconselleira de Medio Ambiente do PP, que, por “obra e graza das portas xiratorias” é membro do Consello de Administración de Greenalia.
“Con esta visión deixan claro cal quere que sexa o destino social, económico e ambiental da Galiza: espoliar os nosos recursos, empobrecer a sociedade galega e enriquecer uns poucos á conta de negarlle futuro ao pobo galego” sinala. Pola contra e afortunadamente, Carme da Silva sinala que na Galiza “hai unha sociedade forte e viva, digna e orgullosa, que o pasado domingo 26, convocada pola Plataforma Ulloa Viva, demostrou con claridade a súa oposición a este proxecto”.
Unha manifestación masiva, destacou Carme da Silva, convocada polo plataforma Ulloa Viva que desbordou todas as previsións, foi histórica, e onde non só participaron veciños e veciñas da comarca senón foron persoas de toda Galiza. “O rexeitamento social, veciñal, económico, agro gandeiro, pesqueiro e ecoloxista é absoluto a unha planta de celulosa líquida que de seguir adiante terá un impacto enorme e comprometerá o futuro dunha comarca rica no seu patrimonio natural, produtivo, nos seus recurso hídricos e no seu medio ambiente” afirma.
Críticas á posición de PP e PSOE: representante da empresa e Google Maps
Acusou ao PP de “mentir en conivencia coa empresa”. “Intentaron enganar co proxecto e nunca dixeron que se trataba dunha macrocelulosa”. “Tan marabillosa e máxica é a macrocelulosa de Altri que non a queren en Portugal, non a queren en Lisboa. Tan boa é que a rexeita maioritariamente a sociedade galega. 25.000 alegacións presentadas, que a Xunta dixo que llas trasladaría á empresa para a súa análise en lugar de facelo a Consellaría de Economía”, criticou Da Silva.
Deixou claro que “non nos fiamos de vostedes, temos experiencia acumulada de como fan as cousas. Altri é unha decisión política” e “os representantes do PP actúan como comerciais da empresa apoiando o que non se quere noutras partes”.
A senadora do BNG dirixiuse ás bancadas do PP para instalos a rectificar: “están a tempo de rectificar após da masiva manifestación do domingo. Este proxecto non cumpre cos criterios ambientais nin cos criterios para obter fondos europeos”.
Da Silva criticou a “clamorosa ausencia do PSOE na manifestación do domingo en Palas de Rei” e ironizou coa posición cambiante do PSOE: “teñen unha posición que definiríamos de Google Maps, segundo os quilómetros de distancia: en Palas son contrarios á planta, no parlamento galego abstéñense e no Congreso votan en contra da proposta do BNG para que se rexeite.
Ao deputado do PP, o Señor Barreiro, díxolle: “menudo papelón sendo de Lugo vir hoxe defender esta macrocelulosa”. Acusouno de “enganar á sociedade porque vostedes coñecían a realidade do proxecto desde o primeiro momento”, e deixou claro que se trata dunha “bomba ambiental, dun Prestige interior”.




















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
O grupo teatral O Centiño de San Martiño (Foz) actuou este sábado en Marzán, convidado pola asociación veciñal Torques de Marzán. O local quedou pequeno ante a resposta do público: 73 persoas, un récord de asistencia para unha obra de teatro na parroquia. A comedia provocou constantes risas e un ambiente moi participativo. A iniciativa volve demostrar o valor de levar actividade cultural e teatro afeccionado ás parroquias e barrios, achegando propostas escénicas a lugares afastados dos grandes circuítos. O Centiño continuará a xira de “O Autobús” nas vindeiras semanas: Sábado 25 de abril: Vilaronte (Foz). Sábado 2 de maio: Casa da Cultura de Trabada
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



