Ribadeo, 14 de maio de 2024. Esta fin de semana, sábado e domingo, celebrarase na Ponte de Arante a romaxe das Cruces, festa de interese turístico galego. Haberá pregón, actuacións musicais, xantar e o tradicional bandeo do pendón e a reverencia das cruces, entre outras actividades.
O alcalde de Ribadeo, Dani Vega, destacou na presentación que “toda esta organización, a recreación da batalla ou xa a cuarta comida que se vén celebrando aquí, que é ese punto de encontro que fai máis grande este lugar, que se xunten todos os peregrinos en torno a un prato para degustalo e desfrutalo entre todos. E despois tamén hai esa actividade musical que é importante. Pero o domingo, que é o día grande, queremos todos recordar ese encontro das sete parroquias e o bandeo do pendón, que iso é o que nos diferenza. Realmente a festa de interese turístico autonómico é polo bandeo, é polo punto de encontro das sete cruces das sete parroquias e é por recordar esa batalla contra as tropas francesas. E polo tanto nós, como gañadores, debemos destacalo”.
O rexedor dixo: “hai que felicitar á organización, a Roberto Rodríguez, aos veciños e veciñas non soamente da parroquia da Arante senón do entorno que colaboran tamén economicamente e debemos darlles as grazas de corazón. E ás institucións: o Concello fai o que ten que facer, que é colaborar, e a Xunta de Galicia axuda economicamente para que esta festa siga celebrándose”.
O pregoeiro da festa, Roberto Rodríguez, explicou: “como teñen a intención de que haxa un pregoeiro ou pregoeira cada ano, pedíronmo e ao principio pídeche o corpo dicir que non, pero é imposible porque veñen en nome da Virxe das Virtudes e a ver quen é o que se atreve. Estou moi orgulloso, por suposto, porque é unha festa moi representativa do noso e todos ao longo da nosa vida pasamos por As Cruces máis dunha vez”.
En representación da comisión organizadora falou Suso García, quen comentou que “os actos da festa das Cruces vanse celebrar os días 18 e 19 de maio. O sábado 18 empezaremos ás doce da mañá na igrexa co pregón a cargo de Roberto Rodríguez e a continuación o concerto de Manoele de Felisa. E o domingo 19, que é o día grande, farase a bendición dos campos ás 12:30 horas, teremos a procesión, o bandeo do pendón e a reverencia das cruces, todo isto amenizado polo Grupo de Gaitas de Tovar. A continuación celebrarase a misa e logo haberá a sesión vermú co grupo Fénix. Despois ás tres terá lugar a comida de fraternidade para todos aqueles que queiran vir e compartir con nós unha hora moi amena; estará servida por Chao dos Navais. A continuación farase a representación da batalla por Queiman e Pousa, seguidamente haberá o musical Camiñantes e Cantantes e rematará a festa co grupo Fénix”.
No acto de presentación do evento participaron membros da Comisión de Festas de As Cruces de Arante, o pregoeiro, o alcalde e as concelleiras de Cultura, Benestar Social e Atención Cidadá, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Montse Seijo.
























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.

