Ribadeo, 23 de maio, 2024. Recentemente, Belén Pérez Teijo, socia colaboradora da Plataforma “Fotografía y Biodiversidad” impartiu no instituto ribadense unha charla sobre “Ciencia Ciudadana”. Como resultado, un grupo de alumnos a alumnas de 1º Bacharelato acompañados polas profesoras Beatriz González e Susi Besteiro, decidiron participar na “Gran Semana da Ciencia Ciudadana pola Biodiversidade” que se está celebrando estes días. Para iso, baixo a tutela de Belén, elaboraron o I Bioblitz do IES de Ribadeo que leva por título “Explorando o noso xardín”.
Un Bioblitz é un período intenso de exploración biolóxica para tratar de rexistrar tódalas especies vivas dentro dunha área determinada. Participar é moi fácil e non require ser expertos biólogos. Aproveitando as novas tecnoloxías, o rexistro faise dende a aplicación de teléfono ObsIdentify que permite identificar especies coas fotografías xeoreferenciadas e subir os datos á rede Observation.org. Despois os validadores revisan as aportacións e nos seguintes días extraeranse conclusións estadísticas.
A actividade resultou de gran interese xa que permite aprender de forma divertida e concienciar ao alumnado da importancia da biodiversidade. Os datos finais expoñeranse na XXIX Feira da Ciencia que se celebrará os días 13 e 14 de xuño. Rexistráronse numerosas especies de seres vivos pero ademáis unha delas ten un interese especial. Trátase da araña Saitis barbipes, considerada polos expertos “rareza extrema” e que lle supón unha Mención de Honra á alumna que a atopou, Nerea Fernández Prado.
O IES de Ribadeo felicita aos participantes pola súa implicación e agradécelle a Belén Pérez a súa axuda. Non cabe dúbida de que sempre resulta proveitoso adicar algunha clase de ciencias ó traballo de campo porque coñecer o patrimonio natural é condición indispensable para loitar pola súa conservación.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



