O evento terá lugar de 16:00 a 21:00, e ás 20:30 comezará unha actuación do rapeiro viveirense Xmaseda65
Viveiro, 23 de maio de 2024. O Concello de Viveiro celebrará este sábado, día 25 de maio, o seu Día da Xuventude nos xardíns Noriega Varela.
A festa comezará ás 16:00 e se prolongará ata ás 21:00. Incluirá unha actuación do mozo rapeiro viveirense Xmaseda65, que comezará ás 20:30 nos propios xardíns de Noriega Varela. O artista destaca polo seu son actual e as súas letras en galego.
O evento é para mozos e mozas de 12 a 35 anos e está organizado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, convida a toda a xente nova do municipio “a participar desta festa, coa que se pon en valor a importancia da mocidade e de crear eventos dirixidos á mesma”.