Ribadeo, 23 de maio de 2024. O inmoble da antiga Casa de Teléfonos xa é propiedade do Concello de Ribadeo e destinarase á nova comisaría da Policía Local.
O alcalde, Dani Vega, explicou que “o Concello adquire a antiga Casa de Teléfonos como ben público. Este edificio tiña que estar entregado xa no 2021 e estamos no 2024. Cando nosoutros chegamos, apenas hai un ano, a situación estaba paralizada, non había nin obras, é dicir non se estaba concretando o acordado. Era a permuta que tiña acordada o antigo goberno e dende logo nosoutros cremos que foi moi escasa, pero iso foi un proceso de negociación que nada tivo que ver con nós e o que temos facer é que se concrete, cumprir o firmado”.
O rexedor municipal sinalou: “a empresa tiña que entregarnos un edificio rehabilitado e no 2021, pero as obras non existían e tivemos que falar con eles e apuralos para que se concretaran. Agora o edificio está nos bens inventariados do Concello, polo tanto é un edificio de todos e hai que darlle un uso. Nisto tamén pensamos, había distintas posibilidades, pero nosoutros queremos ordenar un sistema administrativo de servizo público con todo no entorno do Concello e do Xulgado de Paz. E agora á antiga Casa de Teléfonos queremos darlle un uso concreto, que é a Policía Local, pensando nos propios axentes, que nestes momentos máis ben están en mazmorras que nun edificio digno, nunha comisaría que preste un servizo. E tamén hai que pensar que as actuais dependencias non cumpren as medidas de accesibilidade polo que unha persoa que ten unha certa discapacidade non pode entrar a facer calquera tipo de trámite na Policía. Polo tanto todo parece indicar que este edificio é o máis conveniente”.
Vega manifestou ademais que “o acordado dentro da permuta xa se fixo e por iso a nosoutros parécenos este acordo escaso porque nos deixa un edificio rehabilitado, si, pero baleiro por completo. E agora debemos darlle contido e polo tanto se queremos facer unha comisaría temos que xestionar o orzamento. En primeiro lugar vamos a redactar un proxecto e a partir de aí xestionar orzamento para que se leve a cabo”.
“Durante este escaso ano non estivemos parados, fixemos todo un labor a partir dunha situación que herdamos, que estaba estancada, e puxémonos a traballar no asunto, falando coa empresa para concretalo dunha vez por todas. Levamos desde o 2021, polo tanto o tempo pasou e parece moi conveniente cerrar estes asuntos. Fixémolo e tamén aparellado pensamos qué uso debemos darlle a este edificio: vai ser a nova comisaría de Policía Local e agora vamos empezar a redactar o proxecto e a xestionar o orzamento necesario para que o Concello non teña que poñelo de fondos propios e outra administración nos axude a facer estas obras”, rematou o alcalde.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



