“É necesario a creación dunha comisión na que, ademais dos grupos políticos, estean representados os familiares dos usuarios”, indica o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira
Foz, 23 de maio de 2024. O Partido Popular de Foz reclama a Cajoto que traballe de maneira conxunta sobre o futuro da Residencia de Maiores. “É necesaria a creación dunha comisión na que, ademais dos grupos políticos, estean representados os familiares dos usuarios”, indica o voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira.
A fuxida cara adiante do señor alcalde de botarlle a culpa ao resto das administracións non lle funcionou e, agora, di que as taxas se poden sufragar con fondos municipais. Polo tanto, “parece que o alcalde recua pero o fai con improvisación e ás costas de todos, incluídos os usuarios”, lamenta Jorge Castiñeira.
“Traballemos en base á posibilidade de que as taxas se podan sufragar con fondos municipais, hai que traballar cos propios afectados, hai que explicarlles quenes van a ser os que podan ser beneficiarios desas axudas de emerxencia e no caso de non poder optar a esas axudas hai que buscar a redución das tarifas por outro lado. Pero isto non se pode facer de forma unilateral como está a facer o señor alcalde e a golpe de nota de prensa, isto tense que facer creando unha comisión na que estean representados os usuarios e a corporación municipal”, continúa o voceiro do PP de Foz.
“Cajoto, co seu individualismo, ademais de deixar de lado aos afectados, ningunea á súa concelleira de Asuntos Sociais que non aparece para nada e anula aos seus socios nacionalistas que so están para levantar a man nos plenos”, sinala o popular, Jorge Castiñeira.
Polo tanto, o Partido Popular de Foz pide menos improvisación, mostra unha vez máis a súa axuda ao equipo de goberno e entende que se hai que utilizar fondos municipais para este servizo é unha cuestión totalmente prioritaria.






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



