Ribadeo, 7 de maio de 2024. O pavillón municipal de Ribadeo, situado na Avenida de Luarca, acollerá este sábado, día 11 de maio, o segundo Randori Judo Lugo, competición que contará con 180 participantes.
Este evento deportivo está organizado por Judo Lugo, Concello de Ribadeo e Federación Galega de Judo e D.A.
O segundo Randori Judo Lugo disputarase nas categorías infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e minis. As competicións iniciaranse as 10:15 horas.
Na presentación do evento participaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, Manuel Otero; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; o técnico municipal de Deportes, Iván López; e o director técnico do club Judo Lugo, Iván Carballeira.
O concelleiro de Deportes ribadense destaca que “eventos como este axudan á economía da vila porque atraen a moitas persoas, deportistas e acompañantes, que visitan Ribadeo con este motivo e despois volven noutras ocasións e ademais fan de embaixadores deste municipio. Estamos encantados de acoller eventos deste tipo nas nosas instalacións”.





















Ocorreu minutos antes das 15 horas e o vehículo obstaculizaba a circulación. O 112 Galicia tivo constancia deste accidente a través dun particular: un camión acababa de envorcar no quilómetro 10 da LU-541, en Ladra (Vilalba). Nun primeiro momento pensouse que o condutor podía estar atrapado, mais conseguiu saír polo seus propios medios. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. O vehículo perdeu algo de combustible como consecuencia do impacto, pero os bombeiros resolveron rapidamente a situación.
No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.



