A portavoz, Eugenia Requeijo, pon como exemplos “a non convocatoria este ano das axudas á factura da luz, pagos pendentes dende o 2021 -algúns dos cales por servizos encargados a dedo sen concurso público-, a ausencia de orzamentos municipais ou a perda de subvencións”
Muras, 14 de maio de 2024. O PP de Muras advirte da “falta de traballo e de xestión” por parte do alcalde e do goberno nacionalista ante a paralización de asuntos municipais: a non convocatoria das axudas á factura da luz este ano, facturas pendentes de pago dende o 2021 -algunhas delas saltándose o procedemento que recolle a lei-, a ausencia de orzamentos municipais -e, polo tanto, de partidas orzamentarias concretas para dispoñer de fondos para facer pagos- e a perda de subvencións. É por iso polo que os concelleiros populares convidan “ao alcalde e ao equipo de goberno do BNG a poñerse a facer o seu traballo”.
Á vista de que “aínda non foron publicadas as bases para as axudas á factura da luz”, a portavoz popular, Eugenia Requeijo, advirte que “se os responsables do goberno local non convocan as axudas, non se poden solicitar e moito menos cobrar”. Tendo en conta que os anos anteriores se convocaban a comezos de ano, “este ano, canto menos, imos atrasados e, se o goberno local chega a sacar a convocatoria, tardarán en resolverse e pagarse”.
Este é un exemplo máis “da mala xestión do goberno nacionalista: da súa falta de interese por atender ao que lles preocupa aos veciños e veciñas de Muras e do seu desastre na xestión económica”.
Ao respecto, os populares advirten de “facturas pendentes de pago correspondentes aos anos 2021, 2022 e 2023” entre as que se atopan algunhas por servizos “encargados a dedo”, sen concurso público como recolle a Lei de Contratos do Sector Público.
Nese sentido, os populares explican que “non podemos apoiar as irregularidades do alcalde e o seu goberno” polo que “pedimos a retirada desas facturas e aprobar o pago de tódalas demais que o goberno nacionalista ten sen pagar por non dispoñer de partida orzamentaria prevista”. Así mesmo, explica que “o goberno municipal tampouco presentou ningunha proposta para que o Concello de Muras teña orzamento este ano”.
A popular lembra ao goberno do BNG que “está en minoría” e, polo tanto, “debe dialogar, ter a vontade de consensuar e de tratar de chegar a acordos en beneficio do Concello e dos nosos veciños”.
Eugenia Requeijo incide na “negativa xestión deste goberno municipal” sinalando “a perda dunha subvención por non cumprir prazos”.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



