O mal estado das vías provinciais ou a falta de apoio para favorecer a creación de emprego e asentamento de poboación son algunhas das queixas dos veciños e veciñas
Riotorto, 20 de maio de 2024. Os deputados do Partido Popular na Deputación de Lugo trasladaron á comarca de Meira unha das reunións que realizan de xeito periódico polas distintas zonas da provincia. Nesta ocasión, visitaron Riotorto para poñer en valor este territorio entre A Mariña interior, a Terra Chá e a montaña; ademais de coñecer máis de preto as necesidades dos veciños e veciñas co obxectivo de trasladalas ante o goberno provincial. “É fundamental estar a carón dos lucenses”, subliñan os populares.
O portavoz, Antonio Ameijide, subliña que “o Partido Popular é o partido maioritario na corporación provincial, ademais de ser o que máis se parece aos lucenses”. Nese sentido, “seguiremos dando traslado das necesidades, suxestións ou queixas dos veciños e veciñas da provincia ante as distintas administracións e, no noso caso, ante a Deputación de Lugo”.
Un dos motivos polos que os veciños e veciñas trasladan as súas queixas é o mal estado da rede viaria provincial que dificulta o desenvolvemento da vida diaria dos lucenses e tamén lastra o desenvolvemento do territorio. Pero a isto hai que sumar “a absoluta falta de interese do goberno de Tomé, PSOE e BNG por impulsar solo industrial no que asentar empresas coas que crear postos de traballo. Socialistas e nacionalistas néganlle á provincia a posibilidade de desenvolverse e asentar poboación”.
Un claro exemplo é o polígono de Riotorto. O Concello e a extinta Sociedade Urbanística Provincial de Lugo (SUPLUSA) tiñan asinado un convenio para a súa creación e, despois do traballo de anos por parte do Concello que ten aprobado o proxecto de urbanización dende novembro do 2019, o goberno provincial négase a apoialo para facer realidade a creación de solo industrial no municipio.
“Tomé rexeitou claramente apoiar este polígono” segundo se desprende da carta dirixida ao alcalde en novembro do 2019 propoñendo que o Concello dirixira os fondos do Plan Único – agora Plan Deputación- para esta finalidade; o que suporía unha clara discriminación ao municipio que non podería levar a cabo ningún outro tipo de actuacións para as que está dirixido este plan”.




















O lobo, os cabalos e as persoas comparten desde hai séculos un mesmo territorio, unha convivencia que forma parte da realidade do rural e que presenta importantes retos. No marco da programación das San Lucas 2026, o Concello organiza este encontro para reflexionar e dialogar sobre esta situación, escoitar diferentes perspectivas e abordar os desafíos que implica compartir espazo co lobo. A cita terá lugar este mércores 21 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Pascual Veiga. Trátase dun tema de grande relevancia para o presente e o futuro do rural.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.



