A mostra, organizada grazas á colaboración entre ABANCA, Afundación e o Concello de Burela, poderase visitar ata o vindeiro 9 de xullo
Burela, 14 de xuño, 2024. Afundación presentou esta mañá en Burela a súa nova aposta pola divulgación das coleccións ABANCA e Afundación, «Viaxando. Coleccións de arte Afundación e ABANCA», unha mostra de rúa que se presenta grazas á colaboración entre Afundación, ABANCA e o Concello da localidade. Ao acto de inauguración, que tivo lugar esta mañá, asistiron a alcaldesa do Concello de Burela, María del Carmen López; o primeiro tenente de alcaldesa, Mario Pillado; o concelleiro Carlos Méndez; o coordinador institucional de ABANCA en Lugo, Óscar Rodríguez; o director de zona de ABANCA na Mariña, Carlos Teijeiro; o director da oficina de ABANCA en Burela, José Javier Parga; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano.
A exposición poderase visitar no Parque de Rosalía de Castro de Burela ata o vindeiro 9 de xullo.
A EXPOSICIÓN «VIAXANDO. COLECCIÓNS DE ARTE AFUNDACIÓN E ABANCA»
Co obxectivo de amosar as coleccións de arte de ABANCA e Afundación fóra das súas sedes, Afundación deseñou unha exposición de rúa que permite encher as prazas de diferentes localidades galegas coa creación dalgún dos artistas galegos máis interesantes dos últimos douscentos anos. Obras que poden enmarcarse no impresionismo, o rexionalismo, romanticismo ou naturalismo, pero tamén novas linguaxes contemporáneas que mesturan a colaxe, o grafiti, a fotografía ou incluso o fume con trazos de factura moi persoal.
Todas as pezas seleccionadas convidan a facer unha viaxe, unhas por Galicia e outras arredor do mundo: Siena, O Cairo, A Habana, Chicago, a Antártida, a India ou Tokio a través da obra de importantes nomes da arte como Villaamil, Sotomayor, Carlos Sobrino, Freixanes, Pamen Pereira ou Berta Cáccamo, entre outros. A cronoloxía das pezas abrangue desde finais do século XIX ata a actualidade, e cada unha delas vai acompañada dun texto divulgativo escrito pola crítica de arte Mercedes Rozas.
O concepto do proxecto, a viaxe, sempre supuxo unha procura de bagaxe intelectual, un desexo de experiencia e un xeito de descubrir novos rumbos para a produción artística, pero tamén é unha experiencia enriquecedora para todos os viaxeiros. Por iso a exposición invita a facer unha viaxe, a deixar voar a imaxinación para percorrer as rúas, os campos, respirar as atmosferas e as sensacións que evoca cada imaxe.
Toda viaxe implica unha aprendizaxe, un pequeno ou gran cambio na persoa que o protagoniza; con esta mostra, Afundación, Obra Social ABANCA, invita a facelo a través dunha viaxe con moita arte.






















A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continou con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.


