O Pescados Rubén Burela xa é hexacampión de Liga logo de derrotar no terceiro encontro do play off ao Futsi Atlético Navalcarnero (4-0)
Burela, 26 de xuño, 2024. O conxunto feminino do Pescados Rubén Burela xa é hexacampeón de Liga despois de vencer ao Futsi Atlético Navalcarnero por 4-0 nun terceiro partido no que un enfervorecido Vista Alegre empurrou ao conxunto mariñán cara á vitoria. Con este sexto título ligueiro, a entidade burelista iguala no alto do palmarés da competición co seu rival nesta final e co Femesala Elche. Ademais, o conxunto laranxa suma 14 dos 16 títulos nacionais que se disputaron desde aquela Copa da Raíña vencida polas laranxas en Vista Alegre no peche da tempada 2018/2019.
O encontro foi moi igualado e a maior efectividade local, unida a unha actuación estelar de Caridad, decantou a balanza ao lado mariñán. As discípulas de Julio Delgado xa vencían por 2-0 ao descanso e na segunda metade, a pesar de que as atléticas tentaron remontar co xogo de cinco durante o últimos dez minutos e medio de partido, o conxunto local mantivo a súa porta a cero e Antía Pérez e Cami sentenciaron o partido nos tres últimos minutos cun gol de dobrepenalti e outro desde campo propio aproveitando que a portería visitante estaba desguarnecida.
As burelistas comezaron o choque apertando o marco defendido por Marta Balbuena. Primeiro tentouno Irene Samper cun remate forzado e segundos despois Emilly atopábase coa cruceta da portería navalcarnereña. Quen xa non fallou foi Dany no segundo minuto de xogo. A hispano-brasileira facía unha parede con Irene Samper e plantábase soa diante unha Marta Balbuena que medía mal na súa saída e era superada cun sutil toque por Dany, que despois só tiña que marcar a porta baleira.
O gol cambiou por completo o guion do partido e o Futsi acurralou durante uns minutos ás Pícaras nas inmediacións do marco defendido por unha Caridad que se viu obrigada a multiplicarse para deter as acometidas das visitantes. Primeiro conseguía sacarlle un man a man a Laura Córdoba para seguidamente despexar cun auténtico paradón outro lanzamento da propia Laura Córdoba á saída dun libre indirecto na frontal.
Despois de catro minutos de asedio, as mariñás sacudíanse a presión cun disparo de lonxe de Antía Pérez, que despexaba con apuros Marta Balbuena a córner. Á saída do mesmo, Patricia enganchaba unha volea que se ía rozando o pau da portería madrileña. Con todo, a presión atlética non baixou e Irene Córdoba estaba a piques de anotar o empate, mentres que un minuto máis tarde era María Sanz a que se atopaba co pau da meta de Caridad.
Cando máis sufrían as burelistas chegaba o 2-0. Dany loitaba por un balón na esquina esquerda do ataque local e acabábao levando para poñelo cara atrás e que Irene Samper chegase e batese por baixo a Marta Balbuena coa perna dereita. O segundo tanto sentoulle moi ben ao cadro mariñán, que se foi quitando aos poucos a presión visitante. De feito, Cilene estaba preto de anotar o terceiro e Cami non podía aproveitar no segundo pau unha gran asistencia. Previamente, Caridad realizara outra sobresaínte intervención nun man a man ante Leti. As dúas últimas grandes ocasións do primeiro período estiveron nos pés de Cami e Irene Córdoba, pero a primeira non podía superar a Marta Balbuena e a segunda cruzaba en exceso diante do marco local.
O segundo tempo comezou cun disparo de falta ao traveseiro de Ari e un lanzamento de Patricia desde uns dez metros que despexaba ben Marta Balbuena, aínda que o número de ocasións descendería finalmente con respecto á primeira entrega. Dany, nun remate á media volta que sacaba con apuros Marta Balbuena e Irene, nun contragolpe, tiveron o terceiro, pero a mellor ocasión mariñá chegaba no minuto 29, cando Emilly se atopaba co pau da meta atlética e Marta Balbuena detiña o disparo posterior de Noelia Montoro tralo rexeite.
O técnico do Futsi, Sergio Bretón, apostou por María Sanz como porteira xogadora cando restaban máis de dez minutos para a conclusión, pero as Pícaras fixeron un grandísimo exercicio defensivo e apenas concederon ocasións. E cando as atléticas lograban superar as liñas defensivas locais era Caridad a que respondía sempre. Antía Pérez tivo o terceiro no minuto 35, pero o seu lanzamento desde campo propio íase ao pau. Non fallaría dous minutos máis tarde, cando si superaba a Bea Parrón nun lanzamento de dobrepenalti. Cami marcaría o cuarto a porta baleira a menos de 10 segundos do final para levar o delirio absoluto ás bancadas dun Vista Alegre que xa era unha festa total.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS 4-0 Futsi Atlético Navalcarnero
Pescados Rubén Burela FS (4): Caridad; Cami, Emilly, Irene Samper, Dany -quinteto inicial-, Noelia Montoro, Rafinha, Patricia, Antía Pérez e Cilene.
Futsi Atlético Navalcarnero (0): Marta Balbuena; Ari, Ju Delgado, María Sanz, Anita Luján -quinteto inicial, Laura Córdoba, Irene Córdoba, Leti, Lora, Becha e Bea Parrón
Goles: 1-0, min. 2: Dany. 2-0, min. 9: Irene Samper. 3-0, min. 37: Antía Pérez. 4-0, min. 40: Cami.
Árbitros: Antonio Navarro (Castilla y León) e Alberto Sarabia (La Rioja). Amoestaron ás visitantes Ju Delgado, Ari e Lora.
Incidencias: Terceiro partido da final do play off polo título da Primeira Iberdrola FS disputado nun pavillón de Vista Alegre cheo ata a bandeira. Na entrega de trofeos participaron José Miguel Monje, presidente del Comité Nacional de Fútbol Sala; Carmela López, alcaldesa de Burela; Alfonso Villares, conselleiro do Mar da Xunta de Galicia; Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo; Manolo Blanco, presidente do Pescados Rubén Burela; Jonathan Matas, directivo do Futsi Atlético Navalcarnero; Carlos Méndez, vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol e Pablo Prieto, responsable da Primeira División Iberdrola Femenina de fútbol sala da Real Federación Española de Fútbol.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


