Lugo, 27 de xuño de 2024. A deputada de Cultura Iria Castro entregou os premios ás nenas e nenos finalistas do XI Certame de Debuxo sobre baile e instrumentos de música tradicional, oganizado pola Tradescola coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Á convocatoria, que procura que potenciar e difundir entre os máis pequenos a música tradicional galega, e axudar a que coñezan os instrumentos e o baile tradicional, presentáronse máis 250 debuxos realizados por nenas e nenos de primeiro, segundo e terceiro de primario de centros de toda a provincia, entre os que se seleccionaron dez finalistas:
Lucía González Manova – 2º – CEIP Illa Verde (Lugo)
Gonzalo José Rodríguez Vázquez – 3º CEIP A Pontenova
Álida Reynoso Lobato – 3º CEIP Menendez Pelayo (Lugo)
Noa López Blanco – 3º_ CEIP Rosalía de Castro (Lugo)
Icía Castro Valcarcel – 2ª – CEIP A Ponte (Lugo)
Andrea Regueiro Rey – 3º CEIP Menendez Pelayo (Lugo)
Martina Turrión Peinado – 1º CEIP O Cantel (Foz)
Joaquín Avila Fiero – 2º – CEIP Rosalía de Castro (Mosteiro – Pol)
Gonzalo Porto Ingerto – 3º CEIP Plurilingüe O Corgo
Alba Otero Fidalgo – 2º CEIP CEIP Menendez Pelayo (Lugo)
E un debuxo gañador, o de Álida Reynoso Lobato (CEIP Menendez Pelayo de Lugo) que, entre outros agasallos, desfrutará cos seus compañeiros dun concerto didáctico de música tradicional da Tradescola no seu centro educativo no vindeiro curso.
O certame de debuxo é parte das actividades que a escola de música tradicional da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s desenvolve ao longo do ano no eido da formación e da divulgación da música tradicional. Ademais, a Tradescola imparte aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, e linguaxe musical ás que este curso asistiron máis de 300 alumnas e alumnos.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



