Habilitaranse na provincia 391 locais electorais e 527 mesas de votación, que serán atendidas por 1581 persoas seleccionadas mediante sorteo
Lugo, 4 de xuño de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, presidiu esta mañá xunto co secretario e vicesecretario da Subdelegación a reunión que pon en marcha a planificación loxística para as eleccións ao Parlamento Europeo deste domingo 9 de xuño. A xuntanza, celebrada no edificio da Axencia Tributaria, congregou aos secretarios e secretarias dos concellos lucenses para dispor o material, documentación e explicacións precisas para a xornada electoral.
A subdelegada animou a todos e todas as lucenses a participar destes comicios a través do seu voto, “pois moitas das decisións que se toman en Europa afectan á vida diaria das 285.233 persoas chamadas a votar na provincia”. Así, habilitaranse 391 locais electorais e 527 mesas de votación, que serán atendidas por 1581 persoas elixidas mediante sorteo.
Ademais, Isabel Rodríguez salientou os avances que se están a realizar en materia de accesibilidade, “pois por primeira vez haberá 4 intérpretes de signos de apoio ás persoas membros de mesa que así o solicitaron”. A maiores deste servizo, haberá dispoñibles 8 kits que permitirán realizar o voto empregando o sistema braille a electores con discapacidade visual, garantindo o seu dereito a voto coa debida autonomía, entre outras medidas de accesibilidade recollidas pola normativa.
Finalmente, agradeceu o traballo tanto do persoal da administración como das forzas e corpos de seguridade, que abrangue a comprobación dos locais de votación, a seguridade en todas as fases do proceso, a dotación de medios materiais e a transmisión de información oficial de apertura e peche de mesas, participación, escrutinio e transmisión de resultados.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



