Ribadeo, 5 de xuño, 2024. Este xoves, 6 de xuño, celebrarase no CFEA Pedro Murias de Ribadeo unha Xornada de portas abertas. Con esta actividade preténdese acadar dous obxectivos; por unha banda amosar aos visitantes a oferta formativa para o curso 2024-2025 na que figuran dous ciclos de grao medio en modalidade de FP DUAL:
-Aproveitamento e Conservación do Medio Natural
-Produción Agroecolóxica
En ambos casos, os alumnos farán prácticas remuneradas en empresas.
Por outra banda tamén quérese dar a coñecer as instalacións do CFEA Pedro Murias para que os alumnos susceptibles de formar parte da nosa comunidade educativa no vindeiro curso poidan tomar contacto con elas.
Xirando ao redor destos dous obxectivos deseñáronse unha serie de actividades que, desde o punto de vista teórico-práctico achegan ao mundo forestal e agroecolóxico.
Rematarase a xornada cunha degustación de produtos con denominacións de calidade de Galicia.





















No marco desta iniciativa, a asociación realizará o 6 de maio unha viaxe a Monforte, que incluirá visitas ao Museo do Ferrocarril ou ao Pazo de Tor, ao conxunto monumental de San Vicente do Pino, ao Centro do Viño da Ribeira Sacra e unha explicación exterior do Colexio de Nosa Señora da Antiga. As persoas interesadas en participar poden inscribirse entre o 10 de marzo e o 10 de abril chamando ao 660 47 72 30 ou escribindo ao correo vencelloburela@gmail.com.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Durante a visita, as representantes municipais fixéronlle entrega dun ramo de flores e compartiron con ela un momento moi agradable, celebrando xuntas esta data significativa. Con este xesto, o Concello quixo recoñecer e poñer en valor ás persoas maiores de Burela, que forman parte fundamental da comunidade e son depositarias da memoria, da experiencia e dos valores do municipio.
O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.



