Xogaranse máis dunha decena de partidos desde as 9:00 horas, nas categorías infantil e xuvenil
Cervo, 7 de xuño de 2024. O Pavillón da Veiga acollerá o VII Torneo de Voleibol “Concello de Cervo” mañá sábado 8 de xuño, organizado polo Concello de Cervo e o Club Deportivo San Ciprián.
A rexedora, Dolores García Caramés, presentou o evento, xunto co equipo e membros da directiva da sección de volei do Club Deportivo San Ciprián “unha actividade que porá tamén punto e final a un curso excepcional das Escolas Deportivas Municipais que tamén contaron con esta disciplina con máis de vinte nenos e nenas inscritas este curso”.
A rexedora aproveitou a ocasión para felicitar ao equipo humano que dirixe os adestramentos, tando do equipo sénior do CD San Ciprián como das EDM de Cervo, que “son parte importante do éxito que tivo esta disciplina”, e que souberon contaxiar a súa paixón por este deporte aos/ás máis novos/as; sen dúbida é unha gran nova para Cervo -engadiu- “que o deporte, en calquera das súas facetas, forme parte do día a día da nosa mocidade”.
No campionato participarán o Club Deportivo San Ciprián, o EDM Cervo, o Aldebarán Ortigueira, o Xabarín Volei Lugo, o Aldebarán San Sadurniño e o Narón Volea, nas categorías infantil e xuvenil.
Desde as 9:00 horas, xogaranse máis de dez partidos de xeito practicamente ininterrompido nas categorías anteriormente citadas, ata as 19:00 horas cando se prevé que sexa a entrega de trofeos e o acto de clausura coa entrega dos diplomas correspondentes como fin de curso das Escolas Deportivas Municipais.
Desde o Concello de Cervo animan a toda á veciñanza a achegarse durante esta xornada ao Pavillón da Veiga a desfrutar dunha gran xornada de voleibol.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



