Os populares subliñan que “as propias forzas e corpos de seguridade do Estado advirten que non poden seguir así, atendendo funcións que corresponden ao corpo da Policía Municipal”
Viveiro, 27 de xuño de 2024. A portavoz do PP de Viveiro, Mariña Gueimunde, esixe á alcaldesa explicacións sobre as xestións que levou a cabo nos últimos 4 meses para solucionar o problema da ausencia de axentes na Policía Local e, polo tanto, da falta de cobertura deste servizo e afea que “intente xustificar a súa falta de traballo ao respecto dicindo que ten que cumprir coa taxa de reposición”, cando “é responsabilidade da alcaldesa que a puido ter actualizado cada ano se fora capaz de sacar adiante uns orzamentos municipais”. Ao respecto explica que “teñen pasado incluso 4 anos consecutivos prorrogando as contas” e, polo tanto, “sen actualizar o número de prazas que serían precisas para cubrir este e outros servizos municipais”.
A popular incide na “irresponsabilidade da alcaldesa e do goberno local” que “intentan botar balóns fóra” sobre a súa falta de traballo e de xestión. “A señora Loureiro esquiva o problema real que levou aos efectivos a esta situación e, aínda por riba, encoméndalle a terceiros unha solución cando ela é a máxima responsable do corpo, ademais de que é coñecedora dos conflitos internos. E aínda así non é capaz de facer un seguimento e dubidamos que solicitase apoio a outros corpos de Policía Local dos Concellos veciños para reforzar o servizo en tanto non se aclaren as circunstancias que leven ao restablecemento do servizo”, explica Gueimunde que se pregunta se “ao mellor non quixeron vir os efectivos doutros municipios”.
SOBRECARGA DA POLICÍA NACIONAL
A situación ten provocado as queixas dun sindicato dos efectivos da Policía Nacional que “están cansados de asumir competencias que non lles son propias” durante un período de practicamente 4 meses: “non se trata dun feito puntual”.
Os populares xa advertiran da situación e anunciaran que se dirixirían ao Goberno do Estado a través do Senado para coñecer se o Executivo de Sánchez adoptaría medidas ante a sobrecarga de traballo da Policía Nacional en Viveiro derivada da falta de efectivos na Policía Local pola acumulación de baixas e para explicar se ten reclamado ao goberno municipal unha solución efectiva á situación.
“Se incluso as propias forzas e corpos de seguridade do Estado que estaban apoiando ao Concello nos labores que antes realizaba a Policía Local están advertindo de que non pode seguir así, entendemos que hai que esixir á alcaldesa e ao goberno municipal explicacións sobre as accións que levou a cabo neste tempo: se se reuniu con alguén, se o instrutor xa tomou declaracións, que prazos manexa para a recuperación da normalidade no servizo, como prevé solventar a situación agora que o pobo está cheo de xente e ás portas do verán…”.
SEN SERVIZO E SEN EXPLICACIÓNS
A popular lembra que “Viveiro non dispón dun servizo en condicións en materia de seguridade cidadá”, pero “tampouco se están realizando outras tarefas como as relacionadas coa grúa municipal ou os vaos, un servizo polo que os cidadáns están a pagar, pero que non se está a prestar debidamente”.
Gueimunde apunta que “o Grupo Municipal Popular, o grupo maioritario da corporación local, non sabe en que situación está o tema porque non se nos volveu chamar dende aquela convocatoria urxente da xunta de portavoces no mes de febreiro na que se nos informou dun decreto da alcaldía a través do que ía nomear un instrutor”.
Ante esta situación censura “o ocultismo” e subliña que “o desgoberno, cada vez máis grande, leva á preocupación por parte dos veciños e veciñas”. Gueimunde resume: “nin foi capaz de aclarar o conflito, nin fai seguimento do que lle encarga a outros, nin foi quen de reforzar o servizo con apoios doutros corpos locais. En definitiva; déixase ir e que se resolvan solos os problemas”.



















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



