Antonio Ameijide ve necesario “formular” unha nova proposta que “non retire paradas nin elimine servizos” xa que “a sensación que transmite esta proposta é incomunicar aínda máis á provincia de Lugo”, a máis illada de España
Lugo, 19 de xuño de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular defenderán no pleno deste mes unha iniciativa para que a Deputación de Lugo inste ao Goberno central a retirar a nova proposta do mapa de concesións estatais de liñas de autobús xa que “recorta o servizo e deteriora a calidade deste transporte público”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, ve necesario “unha nova proposta” que “non elimine paradas nin retire servizos” xa que á proposta do goberno de Pedro Sánchez o que di é que “van a incomunicar aínda máis á provincia de Lugo, a máis illada de España”.
Por este motivo, no Grupo Popular “non entenden” esta proposta do Goberno central ao que instan a “negociar coas comunidades autónomas o alcance e contido dun novo mapa estatal” para o que consideran necesario convocar de forma urxente a Conferencia Nacional de Transportes.
“É necesario consultar ás comunicades autónomas a situación de cada unha e, neste caso, incorporar as demandas trasladadas desde Galicia tendo en conta as peculiaridades xeográficas e de poboación da nosa comunidade, prestando especial atención ás conexións do e no rural”, defendeu.
A realidade é que as liñas regulares de transporte de viaxeiros por autobús son claves para garantir e favorecer a mobilidade dos cidadáns, en especial daqueles que viven en zonas rurais e con menor densidade de poboación, e tamén para comunicar e vertebrar a nosa comunidade e conectala co resto de España.
En xullo do ano 2022 tivo lugar un primeiro intento de impoñer un novo mapa de rutas do autobús estatal, que provocou gran alarma e alegacións tanto entre os gobernos autonómicos como entre a cidadanía, pola supresión de paradas e rutas.
A pesar de que no seu momento se retirou esta proposta, ante o rexeitamento que provocou, “vemos como o Goberno de España, en lugar de rectificar, volve a propoñer un novo mapa que retoma a intención de suprimir paradas e rutas en termos semellantes aos do ano 2022”.
A nova proposta faise desde a imposición, sen contar coas comunidades autónomas, nin atender ás alegacións presentadas desde Galicia e tamén dende o Grupo Provincial Popular nesta institución.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



