Ribadeo, 8 de xuño de 2024. Quince alumnos italianos realizan prácticas en empresas de Ribadeo da man de Apaga. A estadía enmárcase dentro do programa Erasmus +, que está a desenvolver a asociación.
Son rapaces chegados dun centro de ensino de Italia, de Maranello, que está pegado á fábrica de Ferrari. Aquí reciben formación en empresas de Ribadeo durante 15 días. E despois, no mes de xullo, chegará outro grupo de italianos outros 15 días. O presidente de Apaga, Álvaro Doural, agradece a implicación das empresas locais: “quero resaltar o noso agradecemento ás empresas de Ribadeo que colaboran nesta iniciativa polo esforzo que supón para elas na maioría dos casos ter dous alumnos para poder telos a todos na zona de Ribadeo”.
Tamén agora en xuño o día 10 seis alumnos turcos virán, tamén con Apaga, neste caso a unha estadía formativa na empresa Industrial Recense, da Pontenova. Para Doural “esta que verdadeiramente ten unha visión do que é a formación e das iniciativas de apoio a entidades como a Apaga ou aos centros educativos. Xa xogou un papel moi importante na implantación do ciclo de soldadura que está a funcionar na Pontenova”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



