Ribadeo, 19 de xuño de 2024. Ribadeo contará cunha biblioteca indiana no Círculo Habanero da Devesa. Así o anunciou o alcalde, Dani Vega, que visitou a instalación acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, polo delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo.
O rexedor subliñou que “a Xunta de Galicia vai investir preto de 18.000 euros para transformar unha das escolas situadas no entorno do Círculo de Habanero nunha biblioteca indiana. Pouco a pouco vamos mellorando todas as instalacións deste centro que ten unha clara vocación, que é a formación e é a divulgación. Así o deixaron escrito moitos indianos que viñan de volta á nosa terra e que querían que na parroquia da Devesa, no concello de Ribadeo, existira un centro onde conservar un legado cultural, un legado indiano. Nosoutros vimos colaborando con esta asociación xa non é da agora, senón cando estabamos na oposición tamén, e polo tanto seguimos defendendo o mesmo, que o Círculo Habanero é un centro cultural que debemos conservar”.
Vega dixo: “eu non me canso de darlle as grazas á dirección, á asociación que coordina este centro, porque están tendo unha responsabilidade máxima que é conservar un legado cultural e tamén un patrimonio que nos foi regalado a Ribadeo, á Devesa, e debemos conservar entre todos. Polo tanto, converter unha vella escola que non tiña moita utilidade nunha biblioteca indiana, onde permaneza un legado cultural, un legado indiano tamén un centro de información, de divulgación de todo ese legado indiano, eu creo que é interesantísimo e debemos traballar conxuntamente”.
O alcalde explicou que “a Xunta de Galicia está colaborando, xa viña colaborando dende hai tempo con eles, e nestes momentos o que se está a facer é converter esa vella escola nunha biblioteca indiana. Agora o que se está a facer é retirar toda a madeira vella do teito, que tiña polilla, sacouse todo e se está incorporando a nova madeira para ter un teito conservado e que tamén estea nunhas boas condicións. Tamén se van incorporar toda unha serie de mobles: atril para os libros, mobles acristalados, mesa de lectura, con lámpadas tamén de lectura, sillas, bancos, é dicir todos os elementos fundamentais e necesarios para que verdadeiramente exista no Círculo Habanero unha biblioteca indiana. Toda esta inversión o que quere é seguir mellorando o Círculo Habanero que queremos, que nos deixaron. E nós temos a responsabilidade de conservar, coidar e investir, que é para o que están as administracións”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



