Vilalba acollerá esta fin de semana o primeiro curso deste programa formativo, que chegará tamén aos concellos de Valadouro, Xove, Pantón, Muras, Mondoñedo e Cervo
Lugo, 20 de xuño de 2024 . A área de Rural, Mar e Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo desenvolverá un programa de formación en apicultura, destinado a ampliar e actualizar os coñecementos de apicultores e apicultoras e espertar o interese pola apicultura entre as persoas máis novas, promovendo a súa iniciación na actividade.
O deputado Daniel García presentou a iniciativa que inclúe cursos nos concellos de Vilalba, O Valadouro, Xove, Pantón, Muras, Mondoñedo e Cervo nos meses de xuño, xullo agosto e setembro e que conta coa colaboración da Casa do Mel de Goente, que se encargará de impartir a formación.
Daniel García explicou que “se trata dun programa que ofrece formación en diferentes aspectos de interese para apicultoras e apicultores, desde a mellora do rendemento das producións melíferas ata fórmulas de manexo para protexer as abellas autóctonas da velutina” e destacou “que se trata dunha proposta que xurde da colaboración e o diálogo coas entidades representativas do sector, que complementa outras actuacións que desenvolvemos nos últimos meses da man da Asociación Galega de Apicultura e que amplía a aposta da área de Rural pola formación e o asesoramento no sector primario”.
O programa inclúe tres tipos de cursos: de iniciación á apicultura (4 días) no que se abordarán cuestións básica sobre a bioloxía do enxame, a saúde dos abellas ou a colleita e comercialización de mel e outros produtos derivados; de selección e cría de raíñas de abella autóctona (6 días); e de manexo para evitar a morte por velutina das abellas autóctonas (2 días), no que se exporán métodos preventivos para protexer as colmeas desta especie invasora.
Os cursos teñen unha parte teórica e outra práctica, que se desenvolverá en colmeares de particulares. As persoas interesadas en asistir teñen que anotarse no enderezo electrónico casadomel@vodafone.es ou no teléfono 661003616.
Vilalba
Cría de raíñas con abella autóctona. Escola da Pedragosa. San Simón da Costa. 22 e 23 de xuño (de 9 a 14 horas), 1 de xullo (de 14 a 21 horas) e 4 e 5 de xullo (de 9 a 14 horas)
O Valadouro
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. Casa da Cultura. Do 29 ao 30 de xuño (de 9 a 14 horas)
Xove
Cría de raíñas con abella autóctona. 6,7, 16, 18 e 19 de xullo (de 9 a 14 horas). Casa da Cultura.
Ferreira de Pantón
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 13 de xullo (mañá e tarde). Comunidade de Montes de Ferroedo
Muras
Iniciación á apicultura. 20,21, 27 e 28 de xullo (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle
Cría de raíñas con abella autóctona. 3,4,13,15 e 16 de agosto (9 a 14 horas). Local Municipal de Carelle
Cervo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 14 e 15 de setembro (de 9 a 14 horas). Museo do Mar de San Cibrao
Mondoñedo
Formas de manexo na colmea para a loita contra a velutina. 23 e 24 de setembro (de 9 a 14 horas). IES San Rosendo
O programa formativo complementa outras accións desenvolvidas pola área de Rural neste eido como o ciclo de xornadas técnicas sobre a velutina, que se desenvoleron en Barreiros, Lugo, Samos e Carballedo, divulgando contidos orientados a paliar a proliferación desta especie invasora, que está afectando á produción de melífera e froitera e á biodiversidade.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



