Foz, 8 de xullo de 2024. A Aula Universitaria da UNED de Foz anuncia que a Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) vén de presentar a nova campaña de apertura de matrícula para o próximo curso académico.
“Baixo o lema A Universidade que Une, esta iniciativa destaca a importancia da relación interxeracional, a sustentabilidade ambiental e o valor do coñecemento na nosa comunidade. A UNED de Lugo e as súas aulas énchese de orgullo ao ser un punto de encontro para estudantes de todas as idades, desde mozos recentemente graduados de secundaria, adultos que buscan continuar a súa formación, séniors que queren ampliar os seus coñecementos ou nenos e nenas gozando dos seus primeiros obradoiros educativos. A campaña A Universidade que Une subliña como a interacción entre distintas xeracións enriquece o proceso de aprendizaxe, fomentando un intercambio de experiencias e perspectivas que beneficia a todos os membros da comunidade”, explican.
A aula universitaria da UNED de Foz “comprométese coa sustentabilidade e o respecto ao medio ambiente. A universidade implementa prácticas ecolóxicas nas súas instalacións e programas académicos, promovendo unha conciencia ambiental entre os seus estudantes. Esta campaña destaca como a UNED non só ofrece educación de calidade, senón que tamén actúa como un modelo de sustentabilidade. A educación é unha ferramenta poderosa que ten o potencial de transformar vidas e sociedades. A Universidade que Une pon de relevo o valor do coñecemento e como este contribúe á mellora individual e colectiva. A UNED ofrece unha ampla variedade de programas académicos que permiten ao estudantado adquirir novas habilidades e coñecementos, preparándoos para enfrontar os desafíos”.
O período de matrícula está aberto dende o 4 de xullo ata o 22 de outubro de 2024. Os interesados poden obter máis información e realizar a súa inscrición a través da páxina web da UNED e asesorarse sobre calquera cuestión na secretaría da UNED Aula Universitaria de Foz, situada no IES de Foz, ou chamando aos teléfonos 982.133.699 e 604.034.549.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



