Esta actuación súmase a outras levadas a cabo no peirao viveirense pola administración autonómica nos tres últimos anos, e que en total superan os 3 millóns de euros
Viveiro, 9 de xullo de 2024. A Xunta de Galicia prevé rematar no mes de outubro as obras de modernización da nova nave de preparación e envasado de produtos pesqueiros do porto de Celeiro, ás que destina 1,2 millóns de euros. Así o anunciou este martes o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, durante a visita realizada ao peirao viveirense, e na que estivo acompañado da directora territorial de Mar, Mariña Gueimunde.
Trátase dunha actuación que está financiada nun 70% polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA). O 30% restante corresponde a fondos propios da Consellería. Segundo destacou o titular de Mar, logo de supervisar o inicio dos traballos de construción, a nova dotación está destinada a afianzar e valorizar os produtos da zona, contribuíndo de xeito paralelo ao incremento do consumo de pescado dunha maneira máis sinxela e rápida, e con prezos atractivos para o consumidor.
Os traballos inclúen así, a adaptación da nave existente, ademais do acondicionamento de aseos, vestiarios, chans, paredes ou a redistribución de zonas e de salas. O obxectivo é aumentar o valor engadido da industria da zona e cadea comercial, garantindo a súa permanencia no tempo e a do ámbito socioeconómico tanto directo como indirecto que leva asociado pois, na actualidade, nin Celeiro, nin as zonas colidantes dispoñen de dependencias para o procesado de peixe.
Con esta modernización e acondicionamento, todos os traballadores tamén se verán beneficiados, xa que disporán dunhas mellores instalacións e, polo tanto, obterán unha maior calidade dende o punto de vista laboral e de seguridade. Asemade, outro dos beneficios desta iniciativa é dar visibilidade aos produtos capturados pola frota da zona, que cumpren con todos os estándares de calidade e de sostibilidade.
Máis de 3 millóns de euros
Esta actuación súmase a outras levadas a cabo dende a administración autonómica nos últimos tres anos no peirao viveirense, e que en total superan os 3 millóns de euros. É o caso da caso da dragaxe do porto, a construción da nave e almacén do lavado de caixas e da zona da reparación de redes, a ampliación de prazas e o novo pantalán ou o eficiencia do novo edificio multiusos do peirao norte.






















O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



