Cervo, 18 de xullo, 2024. O Concello de Cervo celebrou este mediodía a Xunta Local de Seguridade, copresidida pola alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, e a Subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, na que tamén estiveron presentes a edil Mali Méndez, Representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía Autonómica e a Policía Local.
Na cita abordaron cuestión de coordinación dos dispositivos de seguridade das diferentes festas que terán lugar os próximo meses con gran afluencia de xente no municipio como son a Festa da Maruxaina (10 de agosto) e a Queimada Popular (17 de agosto), ambas declaradas de Interese Turístico Galego, co fin de “garantir a seguridade para que a veciñanza e as persoas que nos visiten desfruten ao máximo destas celebracións tan populares”.

























Agradeceu á Agrupación Hijos de Galicia e ao Ayuntamiento a súa acollida e puxo en valor o papel da emigración como embaixadora da vila. Rouco convidou a descubrir Vilalba e a súa identidade cultural e gastronómica, destacando produtos como o Queixo San Simón da Costa ou o Capón de Vilalba. Durante toda a fin de semana, a vila contará cun espazo propio na Praza do Kasko para promocionar os seus atractivos turísticos e reforzar a súa proxección fóra de Galicia.
Ao acto acudiron, entre outros, o patrón maior da Confraría de Pescadores de Ribadeo, Javier Martínez, a concelleira de Turismo, Marta Saiz, a deputada autonómica Cristina Sanz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como directivos do RCNR. Ademais a bandeira oficial de Ribadeo xa loce no peirao.
Resultou gañador na categoría A, destinada a participantes de até 14 anos, Daniel Franco Fernández. Na categoría B, para maiores de 14 anos, a obra seleccionada foi a presentada por Maite Fernández Cendoya.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición esta fin de semana, días 4 e 5 de xullo.
Xunto a este grupo de alumnos e profesores estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Seguridade, Montse Seijo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.



