O vindeiro curso, 2024/2025, o comedor atenderá a 70 escolares, 5 máis que no remate da pasada anualidade
Vilalba, 5 de xullo de 2024. O Concello de Vilalba amplía, unha vez máis, o servizo de comedor da Escola de Educación Infantil para atender o total de solicitudes presentadas polas familias. De tal forma que no vindeiro curso, 2024/2025, se prestará o servizo a 70 escolares, 5 máis que no remate da pasada anualidade.
O servizo de comedor, posto en marcha polo goberno local de Vilalba hai tres cursos escolares, atenderá na vindeira anualidade a 44 alumnos e alumnas que renovaron a súa praza e 26 escolares de novo ingreso. O que suporá un custe total de máis de 91.000 euros, sufragados mediante a achega económica do Concello, a Xunta de Galicia e as taxas que corresponden a cada familia en función da renda per cápita.
Nesa liña, o servizo é totalmente gratuíto para unidades familiares cunha renda familiar anual inferior a 7.000€ e ten un custe diario de 1, 2’50 ou 4’50 euros dependendo do baremo no que de renda anual no que se atope a unidade familiar.
Con esta medida, dende o goberno local pretenden “ofrecer a todas as familias que o necesitan a posibilidade de conciliar e así contribuír a alixeirar as problemáticas que estas poidan sufrir á hora de combinar a súa vida laboral e familiar”, explicou a alcaldesa e concelleira de servizos sociais, Marta Rouco.
Pola súa banda, a concelleira de Educación, Paula Vigo, asegurou que se trata “dun servizo público básico ademais de ser un servizo educativo complementario que constitúe un instrumento imprescindible para contribuír á conciliación das familias”.
Os menús estarán elaborados atendendo ás condicións dietéticas, sanitarias e hixiénicas esixidas para atender ás necesidades nutricionais dos usuarios/as do servizo.






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



