Os populares dan a benvida a José Tomé e ao PSOE “á racionalidade” xa que agora aseguran que apoiarán esta iniciativa empresarial sempre que cumpra con toda a legalidade vixente, “tiveron que mudar a súa postura e aceptar o que sempre defendemos no PP, se unha iniciativa empresarial cumpre a legalidade hai que apoiala”
Lugo, 30 de xullo de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular dan “a benvida á cordura e á racionalidade” aos deputados do PSOE que hoxe no pleno da Deputación aseguraron que “apoiarán Altri” no caso de que cumpra con todos os informes medio ambientais e a legalidade vixente: “iso é o que levamos defendendo no PP dende o primeiro minuto”.
O voceiro popular, Antonio Ameijide, realizou unha pregunta durante o pleno para coñecer a postura do goberno provincial tendo como resposta que “o PSOE apoiará toda iniciativa que cumpra coa lexislación vixente”: “o que queda claro é que o PSOE tivo que rectificar e adoptar o mesmo camiño do PP, o da legalidade, deixando só ao BNG”.
CICLO DA AUGA
Os deputados do Grupo Provincial Popular non entenden a postura de PSOE e BNG de negarse a liderar un proxecto común de apoio a todos os concellos lucenses para garantir o abastecemento de auga de calidade e o correcto tratamento das augas residuais.
Os deputados populares recordan que “nos últimos anos vimos como comezan a darse problemas co abastecemento de auga, unha dificultade enorme para os concellos polo que a colaboración entre administracións é fundamental para poder atopar solucións a este problema”.
A escaseza de auga, a renovación e modernización das infraestruturas hidráulicas ou as esixencias normativas en materia de control de calidade e en relación á xestión das augas residuais son algúns dos aspectos que deben atender dende os concellos e que requiren importantes recursos técnicos e económicos pero “en moitas ocasións non teñen nin os recursos materiais, económicos nin persoais para poder afrontar este problema”.
“Vemos como cando poden colaborar ou liderar póñense de perfil, a pesar de que naquelas administracións nas que son oposición propoñen acordos coma este”, explicou.
IGUALDADE DE OPORTUNIDADES
Os deputados do Grupo Provincial Popular tamén lamentaron que tanto socialistas como nacionalistas decidisen non reclamar ao Goberno de Pedro Sánchez un trato “igualitario” para todos os españois, “xa que votaron en contra de rexeitar os privilexios que o Goberno central dá a unha comunidade fronte ás demais”.
Os populares explican que as decisións do PSOE en Madrid, avalados polo BNG, “de privilexiar” a Cataluña por enriba das 16 comunidades restantes “afectan directamente aos lucenses polo que é necesario reafirmar o compromiso co principio de igualdade entre todos os españois recollido na Constitución”.
SAÍDA DA DEPUTACIÓN DE XESTUR
Os concelleiros populares votaron a favor da saída da Deputación de Lugo do accionariado de Xestur xa que “cos cambios organizativos que se están producindo na Xunta é certo que carece de sentido que a Deputación de Lugo forme parte de órgano”.
Unha saída que servirá para recuperar liquidez na Deputación de Lugo cos 716.000€ que reverterán a esta Deputación. Unha partida coa que os populares realizaron xa unha proposta durante o pleno: “aproveitar este diñeiro para facer unha política industrial real e seria desde a Deputación Provincial de Lugo, porque non en balde durante estes últimos anos brillou pola súa ausencia”.
A realidade é que o PSOE e o BNG non cumpriron cos convenios asinados con diferentes municipios da provincia polo que a día de hoxe “hai 21 polígonos industriais comprometidos e sen construír e máis de 100 parcelas sen vender nos oito polígonos xa construídos”.
HÉCTOR CORUJO TOMA POSESIÓN COMO DEPUTADO PROVINCIAL
O alcalde de O Incio, Héctor Corujo, tomou no pleno de hoxe posesión como novo deputado provincial do Grupo Popular.
Héctor Corujo xa participou do pleno como o resto dos seus compañeiros e destacou que chega á Deputación de Lugo “moi ilusionado e con moitas gañas de traballar para buscar solucións aos problemas da miña provincia e dos seus veciños”.



















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



