Os concelleiros explican que se trata dun “problema recorrente” polo que o bipartito tivo tempo de buscar solucións ou alternativas, pero “vemos como aflora de novo a súa falta de previsión e de planificación”
Viveiro, 30 de xullo de 2024. Os concelleiros populares comparten o malestar e a preocupación dos veciños de Galdo, Landrove e Magazos ante os “cortes de auga e rebentóns de tubaxes” que sofren periodicamente e que supoñen trastornos para a actividade da vida diaria, explotacións gandeiras e distintos negocios.
Os populares coinciden cos veciños en reclamar “un ben básico como é a auga” toda vez que “pagan os recibos”. Pero, aínda así, “dende fai máis dun ano sofren cortes de auga que duran horas ou incluso dende pola mañá á última hora da tarde”. A situación repítese cada mes ou cada dous e, incluso, “afecta ao colexio de Galdo”.
Os veciños afectados advirten dos prexuízos que provoca a falta de auga coma os electrodomésticos estragados ou, agora no verán, os inconvenientes que supón para os gandeiros porque “teñen que buscar a forma de abastecer de auga aos seus animais que non poden estar todo o día sen beber”.
Os concelleiros do PP cren que “o abastecemento de auga é servizo prioritario” e, ante esta situación, entenden que “os veciños estean fartos” porque “carecen dun ben básico e non poden sequera nin asearse nin cociñar”.
Dende o Grupo Municipal Popular lembran que “é competencia do Concello garantir o abastecemento de auga” e, polo tanto, urxen ao goberno bipartito a levar a cabo actuacións que solucionen o problema e “non meros parches que son pan para hoxe e fame para mañá”.
Ao tratarse dun problema recorrente, os populares cren que “os dirixentes do Concello tiveron tempo de buscar alternativas para garantir o abastecemento de auga nestas parroquias”. Pero “vemos como, de novo, aflora o problema da falta de previsión e planificación por parte deste bipartito”.




















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



