Os populares reivindican a substitución da capa de rodadura, a mellora da sinalización, balizamento, defensas e interseccións, o peche perimetral que evitan a entrada de animais e a prolongación do terceiro carril
Lugo, 3 de xullo de 2024. O PP lucense reivindica, de novo, a mellora integral da estrada nacional N-634 e, con especial urxencia, o tramo que une o Alto da Xesta e Mondoñedo onde cren necesario tamén prolongar o terceiro carril en sentido ascendente, por tratarse dunha vía que ao seu tráfico habitual suma os usuarios da autovía A-8 cando esta pecha á circulación pola néboa.
Nesta ocasión, os senadores populares levarán á Cámara Alta unha batería de iniciativas para urxir ao Goberno de Sánchez a que interveña para mellorar a seguridade nesta estrada e ofreza explicacións sobre as actuacións previstas.
A presidenta provincial, Elena Candia, participou xunto a José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano nunha visita á zona acompañados por alcaldes e voceiros populares.
Os populares explican que “esta vía de titularidade estatal atópase desde fai anos nun estado moi deficiente, cun pavimento deteriorado e cunha sinalización e alumeado que precisan ser mellorados”. E puntualizan, ademais, que “coa chegada do verán o tránsito por esta estrada nacional se ve incrementado por aqueles que se dirixen á costa, sumándose a veciños, transportistas e traballadores que xa fan uso habitual desta vía durante todo o ano”.
COMPROMISO DO PARTIDO POPULAR
Os populares subliñan que non están pedir nada xa estivera previsto facerse en atención ás circunstancias particulares que concorren nesta estrada. De feito, xa en 2017 “un Goberno do Partido Popular proxectou esta intervención”. Entre as medidas a executar estaba a substitución integral da capa de rodadura, a mellora da sinalización, balizamento, defensas e interseccións, ademais do peche perímetral para evitar a entrada de animais á calzada. “Pero o Goberno socialista meteu o proxecto nun caixón e non deu ningún paso por levar a cabo esta actuación, ignorando as demandas trasladadas desde distintas institucións”.
Candia lembrou tamén que xa “se aprobou no Parlamento de Galicia en xuño do 2021, fai 3 anos, unha iniciativa a instancias do Grupo Popular para urxir ao Ministerio a actuar”, demanda ata o momento desoída.
SÁNCHEZ ILLA Á PROVINCIA DE LUGO
“A ausencia de pasos nesta estrada súmase ao abandono da rede viaria nacional e o illamento ao que Sánchez somete á nosa provincia”, inciden. Por iso os populares levarán ao Senado unha das demandas dos lucenses en materia de infraestruturas viarias.
O PP preguntará no Senado se o Goberno é consciente do mal estado que presenta a estrada nesta zona e se sabe que é utilizada como itinerario alternativo aos cortes da A-8 por néboa, moi frecuentes no verán. Tamén piden que expliquen se está proxectada algunha intervención nesta vía, en que prazos e con que investimento.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



