A este acto tamén asistiu o Alcalde do municipio e Deputado de Recursos Sostibles da institución provincial, Francisco Cajoto, así como outros membros da corporación municipal e outras autoridades. Tras a misa realizouse a tradicional ofrenda floral e a procesión, que reuniu a centos de veciños e veciñas e visitantes. Ao igual que en anteriores edicións, a programación das Festas do Carme de Foz, que comezaron o pasado 13 de xullo e rematarán este mesmo mércores, inclúe unha ampla programación de actividades como actuacións musicais, inchables e obradoiros dirixidos aos cativos e cativas ou actuacións teatrais, entre outras moitas iniciativas.
O Presidente da Deputación, José Tomé, asistiu este martes á misa na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, cantada polo coro Mar Aberto, que tivo lugar na Praza Conde de Fontao de Foz
O Presidente da Deputación, José Tomé, asistiu este martes á misa na honra á Virxe do Carme, patroa dos mariñeiros, cantada polo coro Mar Aberto, que tivo lugar na Praza Conde de Fontao de Foz
Relacionado
-
Beléns de plastilina en Cervo
-
Castiñeira: “O Goberno de Sánchez aínda non remitiu o informe de Costas solicitado fai máis dun ano e que é fundamental para avanzar na tramitación do dragado da canle e nunha esquina do Porto Chico”,
-
Como cada ano, o grupo teatral “O Centiño” de San Martiño organizou unha Gala Solidaria en favor do concello de Foz. Desta volta foi o pasado 7 de decembro, na Sala Bahía, que se encheu de xente e de solidariedade para contribuír a unha boa causa