A voceira do PSdeG na localidade alerta da despreocupación total do Rexedor, quen non arranxou a área recreativa do río Eume, malia que os socialistas o pediran en pleno, e onde esta fin de semana houbo que lamentar que unha persoa caeu ao río
Muras, 1 de xullo de 2024. A agrupación socialista de Muras denuncia este luns que o Alcalde da localidade “nunca está no municipio e non resolve os problemas que xorden no día a día”. O PSdeG avanza que non arranxou os desperfectos na área recreativa do río Eume, e que esta fin de semana unha persoa caeu ao río ao non haber elementos de protección, tal e como xa advertiran no Pleno os socialistas.
A Voceira socialista na localidade, Jennifer Gómez, explica que “en plenas festas de San Pedro vivimos unha situación de urxencia sobrevida, e o peor é que non había ningún dispositivo de seguridade nin de emerxencias no lugar para afrontar o que aconteceu. “A quen lle vai botar a culpa desta volta o Alcalde? Non está nin se lle agarda, e nin estivo presente nas festas. Tampouco agardamos que se faga cargo das súas responsabilidades sobre o que pasou porque sempre fuxe”, indica.
Gómez lembra que o Alcalde “fai sempre caso omiso das solicitudes e rogos que lle facemos dende o Grupo Socialista, pois foi no mes de agosto de 2023 cando lle pedimos que arranxaran dende o Concello os elementos de protección que había na área recreativa do río Eume, tanto os postes como a cadea, pero nada fixeron pese a ser un evidente perigo para as persoas que se achegan á beira do río”. Así mesmo, sinala que no último Pleno lle recordou este asunto e o Alcalde lle respondeu “que estas e outras preguntas que formulaba a socialista lle resultaban cansinas”. Pero o resultado é “evidente, vivimos unha situación de perigo real por non realizar o mantemento necesario”.
“Hoxe en día só lle interesa que o Pleno lle levante o reparo de legalidade sobre o pagamento de facturas, esquecendo que foi el mesmo quen omitiu os procedementos administrativos e establecidos pola Lei”, indica a Voceira, ao tempo que engade que “o que mellor que podería facer o señor Requeijo sería dar un paso atrás e deixar que outra persoa do seu grupo político ocupase a Alcaldía, quen seguro que acometería a tarefa de máxima autoridade municipal cunha decidida vontade de diálogo. Muras sairía gañando”.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



