“Os erros de Cajoto estanlle a costar caro aos veciños de Foz e, especialmente, aos usuarios da residencia” finaliza Javier Castiñeira
Foz, 2 de xullo de 2024. O Tribunal administrativo de Contratación Pública de Galicia (Tacgal) paraliza a nova contratación do servizo da Residencia de Maiores levada a cabo polo bipartito focense. Esta resolución do tribunal atende ao recurso interposto polo actual empresa e recrimina ao Concello erros no procedemento de contratación o que, para os populares, supón “unha bocanada de aire fresco para os intereses dos usuarios”.
“Trátase dunha bocanada de aire fresco para a Plataforma de Usuarios da Residencia de Maiores xa que a nova contratación o que implicaría sería unha subida de prezos que, segundo o señor Cajoto e os seus socios do BNG, deberían asumir na súa totalidade os propios usuarios, algo do que estaba totalmente encontra o Partido Popular”, sinala o voceiro do Grupo Municipal do PPde Foz, Javier Castiñeira.
Ante esta nova situación, o PP pídelle novamente transparencia ao señor alcalde e ao BNG, que convoque aos voceiros dos grupos políticos e aos familiares dos usuarios da residencia para analizar en que afecta a decisión do Tacgal e que o goberno focense cambie de actitude.
“Pedimos máis e mellor xestión porque levamos cinco anos nos que isto é un verdadeiro desastre e estase a crear unha malísima imaxe dun servizo importante para o noso concello; deste modo, os erros de Cajoto estanlle a costar caro aos veciños de Foz e, especialmente, aos usuarios da residencia que poden comparar os catro primeiros anos de servizo que xestionou o Partido Popular co caos actual do bipartito” finaliza Javier Castiñeira.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



