O conselleiro do Mar visitou a empresa Pescados Orol
Burela, 17 de xullo de 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destaca en Burela que as dúas convocatorias de axudas aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) publicadas neste novo período Fonda Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) poñen a disposición destas entidades ata 2026 case 38 millóns de euros para impulsar a actividade pesqueira. Así o trasladou durante a visita realizada este mércores a Pescados Orol S.L, situada en Burela, e na que estivo acompañado da directora territorial, Mariña Gueimunde.
A través da Orde do 14 de setembro de 2023, publicada no Diario Oficial de Galicia do 26 de setembro, puxéronse a disposición destes Grupos 18,4M€ que se distribúen do seguinte xeito: 8 millóns en 2023, 5,6 millóns en 2024, e 4,8 en 2025, e que permitiron que se executasen xa 64 proxectos, cun total de axuda pública de 4,9 millóns e un investimento privado doutros 3,25 millóns de euros.
Por esta orde, o GALP que máis recibiu foi o 7 Ría de Vigo-A Guarda con 941.000 euros (o 19%); seguido do GALP 2 Golfo Ártabro Norte cun total de 787.000 (o 16%), así como o GALP 6 Ría de Pontevedra (o 15%) e o GALP 4 Costa Sostible (o 14%).
Con posterioridade, o 31 de xaneiro publicouse no DOG unha nova convocatoria no marco do FEMPA para este exercicio mediante Orde do 28 de decembro de 2023 cun orzamento de 19,5 millóns de euros distribuídos nas seguintes anualidades: 8,5 millóns en 2024; 5,9 millóns en 2025 e 5,1 en millóns en 2026.
A cuarta empresa do sector da Mariña
Pescados Orol S.L. é unha empresa familiar dedicada a comercializar peixe de cerco e anzol (pescada, bonito, rape, sardiña, verdel e bocarte) e marisco fresco (lagostinos, camaróns ou nécoras) desde hai 35 anos, de tal xeito que o 20% do seu produto se exporta, principalmente, a Alemaña, Francia, Italia e Portugal. Conta cunha corentena de empregados.
Neste senso, é unha das factorías máis destacadas da Mariña, ocupando o sexto posto no ránking de empresas da comarca en canto á cifra de negocio e o cuarto das do sector marítimo-pesqueiro. A súa facturación supera amplamente os 20 millóns de euros.
Este datos poñen en valor que a cadea mar-industria da Mariña ten un peso económico nesta zona da provincia de Lugo de enorme transcendencia. As 35 principais firmas pesqueiras da comarca facturaron 327 millóns de euros e xeran preto de 600 postos de traballo. Así o revela o informe Ardán, elaborado en 2023 polo Consorcio Zona Franca de Vigo cos rexistros das 41.000 maiores firmas de Galicia.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.



