Dez serán as xogadoras que renovarán esta tempada do equipo campión de Liga e Supercopa 2023/2024
Burela,7 de agosto. Dany, Irene Samper, Antía Pérez, Emilly, Caridad, Cami, Noelia Montoro, Patricia, Rafinha e Ana Eliza son as 10 xogadoras que renovaron o seu contrato para conformar o plantel do técnico salmantino Julio Delgado na tempada 2024/2025. As 10 xogadoras formaron parte esencial do equipo que a tempada pasada logrou sumar ao seu amplo palmarés a sexta Liga e a sexta Supercopa. Un equipo unido que demostrou o seu entendemento e determinación en pista nunha tempada case perfecta na que remataron primeiras na clasificación con 80 puntos, 26 vitorias, 2 empates e 2 derrotas. Con 123 goles a favor e 52 en contra, dos que a terceira máxima goleadora da liga, Emilly, foi autora de 27 deles, seguida de Irene Samper, na 4ª posición da táboa de goleadoras, con 25. Un proxecto para este ano no que Julio Delgado demostra a súa confianza no seu equipo vixente, manténdoo na medida do posible e xerando esa seguridade que lle proporcionou toda a pasada tempada un persoal moi completo, con xogo e gol.
O equipo feminino do Pescados Rubén Burela FS, que comeza a liga o día 7 de setembro enfrontándose ao Lainco Rubí FS en Rubí (Catalunya) xa comezou esta semana a pretemporada cos primeiros adestramentos e primeiras tomas de contacto tras as vacacións, esperando completar o seu equipo nestes días nos que van chegando as xogadoras a Burela.

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).

