Estas obras, que contan cun investimento da institución provincial de preto de 250.000€, afectan a un tramo de 6 quilómetros desde o inicio da vía, e consisten na limpeza das cunetas, drenaxe, pavimentación con aglomerado en quente e na sinalización
Lugo, 24 de agosto de 2024. A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación do firme dun tramo da LU-P-1701, que é a vía que comunica en Cospeito Feira do Monte con Muimenta. Unhas obras nas que a institución provincial inviste preto de 250.000€ e que afectan a un tramo de 6 quilómetros desde o inicio da estrada, contribuíndo a mellorar a seguridade e a comodidade da circulación.
As obras, que están a ser executadas pola empresa Cholo SL e que teñen un prazo de dous meses, inclúen unha serie de intervencións. Nestes momentos, a adxudicataria está a levar a cabo a limpeza das marxes da vía e a mellora do sistema de drenaxe para evitar acumulacións de auga. Tras rematar estas tarefas procederase á pavimentación da vía con aglomerado en quente, que ofrecerá unha capa de rodadura máis resistente e duradeira; e finalmente, completaranse os traballos co pintado e a sinalización horizontal.
Con esta intervención, a Deputación de Lugo mellora a comunicación entre a Feira do Monte e Muimenta, os dous núcleos máis relevantes de Cospeito. Ademais, esta vía comunica con outros puntos da comarca da Terra Chá e facilita o acceso o transporte de mercadorías que é moi frecuente pola numerosa actividade agrícola e gandeira desta comarca.





















Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



