O Concello de Alfoz abre a convocatoria de aluguer social para a vivenda amoblada da Pinguela, antiga vivenda do mestre da escola
Alfoz, 19 de agosto de 2024. O Concello de Alfoz informa da apertura da convocatoria para o aluguer social da vivenda amoblada A Pinguela, destinada a proporcionar unha solución habitacional a unidades de convivencia con escasos recursos económicos. A vivenda, recentemente rehabilitada e completamente equipada, está dispoñible para ser ocupada como residencia habitual e permanente.
As obras de rehabilitación da vivenda A Pinguela finalizaron en outubro de 2021, cunha achega financeira do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Posteriormente, en xullo de 2023, o Concello asinou un convenio coa Deputación Provincial de Lugo, que permitiu financiar o amoblamento e a instalación de electrodomésticos necesarios para facer da vivenda un fogar completamente equipado e funcional.
Este programa de aluguer social está dirixido a unidades de convivencia cuxos ingresos sexan inferiores a 2,5 veces o IPREM (Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples), co fin de ofrecer un alivio ás familias que afrontan dificultades económicas e precisan dun lugar digno onde vivir.
As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no Concello de Alfoz ata o 13 de setembro, onde se lles proporcionará toda a información necesaria sobre os requisitos e o proceso de selección.
Con esta iniciativa, o Concello de Alfoz reitera o seu compromiso coa promoción do benestar social e a mellora da calidade de vida dos seus veciños e veciñas máis vulnerables.


















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.