Ante os problemas de circulación pola autovía A8 ao seu paso polo Fiouco o BNG de Mondoñedo reitera unha vez máis a necesidade de alternativas e medidas axeitadas que melloren a seguridade dos usuarios que empregan da vía neste treito e pídelle ao Ministerio de Transportes, Movilidade e Axenda Urbana que non se obceque en manter aberto ao tráfico este treito en días de néboa xa que estas condicións poden producir accidentes graves como o acontecido o pasado 10 de agosto
Mondoñedo, 19 de agosto do 2024. O voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, as solucións achegadas ate agora polo ministerio dez anos despois de ser aberto ao tráfico o treito da A-8 son insuficientes e demóstranse ineficaces polo que demandan actuacións definitivas. “O sistema automatizado de balizas luminosas non están sendo efectivo, a sinalización de acceso a autovía cando se desvía o tráfico pola N-634 é deficiente e as rotondas do Alto da Xesta xunto a área de servizo non teñen iluminación ningunha”.
O BNG PROPÓN A PROLONGACIÓN DO TERCEIRO CARRIL DE SUBIDA DA N-634 ATA O ENLACE COA A-8
Para o BNG esta proposta xunto arranxo completo do treito por onde se desvía o tráfico cando se pecha a autovía sería unha alternativa eficaz aos continuos peches da A-8 no Fiouco, xa que aínda que supón un traxecto de 2 quilómetros máis o tempo é practicamente o mesmo e gañaríase en seguridade e comodidade.
Os nacionalistas apuntan que xa conseguiron sacar adiante esta proposta no concello de Mondoñedo na Deputación de LUgo e na Xunta de Galiza pero que os diferentes gobernos de Rajoy e Pedro Sánchez en Madrid non chegaron nin sequera a pronunciarse polo tema.
“Parece que só importan as estatísticas das horas de peche a fin de ano e nestas condicións, por seguridade, consideramos que hai que ser prácticos e pechar a autovía cando a néboa dificulta o tráfico ou o impide directamente”.




















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



