O voceiro do BNG no concello, Eloi Cabanas, pide a posta en servizo inmediata do único ascensor do centro de saúde de Mondoñedo tras máis de dous meses fora de servizo e ante o abandono e a falta de axilidade do SERGAS co arranxo da máquina avariada denuncia as incomodidades na atención das consultas médicas diarias que xera esta situación
Mondoñedo, 29 de agosto do 2024. Para o BNG é lamentable que a xerencia de atención primaria manteña o ascensor sen servizo durante todos estes meses e pide solucións con urxencia xa que non só afecta á operatividade dos profesionais que traballan no centro se non que tamén aos maiores con problemas de mobilidade que moitas veces teñen que ser atendidos na planta baixa do edificio pola imposibilidade de subir á consulta polos seus propios medios. “Esta situación e intolerable, dá coraxe ver aos nosos maiores que se dispoñen a subir con dificultade polas escaleiras durante todo este tempo por non poder empregar un ascensor ao que teñen dereito”.
Eloi Cabanas apunta que o edificio ten tres plantas e só conta co ascensor que agora está fora de servizo, afectando ao redor dunhas 300 persoas que son atendidas diariamente neste centro xa que, ademais das tres consultas de medicina xeral situados nos andares superiores do centro tamén están as consultas de pediatría, enfermería e fisioterapia.
CENTRO DE FISIOTERAPIA NA TERCEIRA PLANTA
O problema que denuncian os nacionalistas aínda se agrava máis no caso do servizo de fisioterapia que se encontra situado no terceiro andar do centro de saúde, onde se dan casos de pacientes recentemente operados e con próteses que teñen que acceder polas escaleiras para poder realizar os seus exercicios de rehabilitación.
“É un escándalo que o Partido Popular a través da consellería de sanidade manteña esta situación ao longo do tempo, sabemos de casos de doentes que non están sido chamados a recibir o seu tratamento de rehabilitación pola imposibilidade de acceder á instalacións do edificio”, conclúe.

























A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



