As obras centráronse en 450 metros de estrada na que se procedeu ao aglomerado en quente do firme e está previsto finalizalas nos vindeiros días co pintado lateral da rúa e a colocación dunha canalización de formigón
Vilalba, 14 de agosto de 2024. A Rúa Conde Pallares de Vilalba, nun tramo de 450 metros dende a súa intersección coa Praza Suso Gayoso e a Avenida de Lugo, loce completamente renovada logo de que no día de hoxe se deran por finalizadas as obras de rexeneración do firme.
Unha actuación con cargo ao Plan Único de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo que comezou co levantamento do firme existente para posteriormente proceder ao aglomerado en quente da estrada. Así pois, os traballos finalizaranse nos vindeiros días co pintado lateral da rúa e a colocación dunha canalización de formigón.
“Estamos a falar dunha rúa que soporta un alto volume de tráfico e cuxo estado resultaba perigoso para os usuarios”, explicou a alcaldesa de Vilalba, Marta Rouco, quen ademais se amosou “satisfeita pola rapidez dos traballos e pola suma de actuacións que puidemos acometer grazas ao Plan Único da Deputación de Lugo”.
Nesa liña, a presente actuación súmase á rexeneración das travesías da contorna da Praza da Constitución; o aglomerado da estrada que une a Rúa Mondoñedo coa Avenida da Terra Chá; a reforma do acceso e da cuberta do almacén do estadio municipal da Madalena; a futura renovación do pavimento da pista do pavillón polideportivo do CEIP Manuel Mato Vizoso, que se atopa en proceso de licitación e a colocación dun sistema de climatización e aire acondicionado na Escola Infantil Municipal, cuxa obra está previsto que remate a finais do mes de agosto.
Ademais, “o Plan Único tamén permitiu a contratación de 8 traballadores e unha aportación de 70.000 euros para o Servizo de Axuda no Fogar (SAF), cuestión fundamental para contribuír á prestación dun servizo básico para os nosos maiores e cuxa inversión anual supera os 3.300.000 euros”, sinalou a rexedora, Marta Rouco.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



