Os populares cren que “se non se dilapidaran os cartos dos veciños de Burela en cuestións coma estas, seguramente si lle sairían as contas á señora López Moreno para aumentar a seguridade que demandan os veciños e veciñas de Burela”
Burela, 9 de agosto de 2024. Os concelleiros populares de Burela amosan a súa sorpresa ante “as escusas da alcaldesa e o goberno bipartito dicindo que non ten cartos para sufragar o custe de servizos esenciais demandados polos propios veciños” cando “está a dirixir os cartos de tódolos veciños a gastos que non se producían no pasado ou aos que se dirixían cantidades máis reducidas”.
O portavoz, Manuel Rouco, refírese “ás facturas que o Grupo Municipal Popular sacou á luz no último pleno por valor de máis de 35.000 euros”: case 20.000 euros en consultorías de Pontevedra e A Coruña de asesoramento técnico, preto de 11.000 euros en comunicación e 5.000 euros no que vai de ano en protocolo, “algo que antes nunca sucedera”.
O popular afea que “o goberno local recorra ao asesoramento técnico externo como se no Concello non houbera persoal cualificado para este fin” e engade: “parece que a señora López Moreno precisa que lle digan tamén onde se ten que sentar e como dirixirse aos seus propios veciños”.
“A señora López Moreno segue engordando a caixa de gastos” que son “dificilmente explicables” como é o caso dos “case 4.000 euros abonados en concepto de transporte sen que no detalle figure o desprazamento efectuado”. Tamén hai “facturas pagadas pola alcaldesa que non teñen asignada nin contía nin datos sobre a empresa ou autónomo que as emite”. Neste novo lote, “son tres, concretamente”.
Os populares aseguran que “entendemos agora a negativa da alcaldesa á hora de contratar máis policías locais argumentando que era moi custoso. Se non se dilapidaran os cartos dos veciños de Burela en cuestións coma estas, seguramente si lle sairían as contas á señora López Moreno para aumentar a seguridade que demandan os veciños e veciñas de Burela”.























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


