Os concelleiros do PP explican que “o edifico municipal se atopa en estado de semiabandono dende que os últimos adxudicatarios cesaron a súa actividade” e “sen visos de proxectos para a súa posta en valor por parte do bipartito municipal”
Viveiro, 1 de agosto de 2024. Os concelleiros do PP apostan por impulsar a rehabilitación do edificio municipal do parque Pernas Peón e o trazado da vía que discorre paralela á praia de Covas.
Así o trasladarán ao vindeiro Pleno no que instarán ao equipo de goberno municipal a realizar o mantemento oportuno e as melloras necesarias para adaptar o edificio do parque Pernas Peón e poder sacalo a licitación más pronto que tarde. Igualmente, propoñen que o goberno do Concello realice os trámites oportunos coa Administración estatal competente para esixirlle a reparación da zona de rodadura ao longo da praia de Covas ata Os Castelos e que dita actuación se contemple nos Presupostos Xerais do Estado para o 2025.
O parque Pernas Peón é unha das paraxes naturais máis características e populares do noso concello que linda ao norte coa praia de Covas, paseo marítimo por medio. É un enclave privilexiado ao aire libre apartado da zona residencial e susceptible de novos usos de carácter lúdico, de lecer, deportivo e de esparexemento en comuñón e respecto co medioambiente.
Este espazo dispón dun edificio municipal, pero “na actualidade atópase en estado de semiabandono desde que os últimos adxudicatarios cesasen na súa actividade” e “sen visos de novos proxectos de goberno que puxesen en valor o potencial da edificación, sen pregos de contratación, investimentos ou obras de reparación, adecuación e conservación á vista”.
ACTUACIÓNS PARA MELLORAR O PARQUE E A CONTORNA
O goberno bipartito PSOE-BNG anunciaba hai uns meses a súa intención de intervir o parque. Concretamente, propoñía a dotación de espazos deportivos con zona de baloncesto e taboleiros de xadrez pintados nas vellas mesas. Pero, “aínda non se materializou e finalmente sacou a licitación un expediente de contratación para a actuación “Apertura do parque Pernas Peón ao litoral”, segundo un proxecto redactado por un enxeñeiro paisaxista, por un importe de 105.000 euros. Esta actuación será sufragada cunha axuda financiada con fondos europeos en réxime de concorrencia non competitiva para actuacións de embelecemento do litoral galego que a Xunta concedeu ao Concello.
Desde o PP cren que “este espazo necesita atención e toda actuación que se desenvolva deberá acompañarse doutras intervencións na contorna que sen dúbida dignificarán o parque e a memoria de quen lle dá nome”, inciden.






















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



