Mariña Gueimunde: “Só hai que ver o programa de festas onde non se reflicte nin a tradicional subida ao monte San Roque, a sardiñada das Nogueiras ou os fogos artificiais -que logo rectificaron- para constatar ata onde chegan a vagancia e pasotismo de María Loureiro e Míriam Bermúdez, a pesar das súas dúas cuantiosas dedicacións exclusivas”
Viveiro, 13 de agosto de 2024. O PP de Viveiro amosa a súa “indignación, na liña de toda a cidadanía, co nivel de deixadez e abandono na que está sumido o bipartito PSOE-BNG, que ten un novo e clarificador reflexo no programa das festas patronais”. Os populares sinalan que “se ve que se fixo ás presas e correndo, buscando o que fora para facer vulto e deixando fóra o máis tradicional e significativo como é a secular subida ao Monte San Roque”.
A voceira popular, Mariña Gueimunde, recalca que “a implicación desinteresada dos grupos locais para engrosar o programa das festas e colaborar co Concello nun momento especialmente delicado por mor do despilfarro do goberno local en exercicios anteriores”. Pero isto contrasta “coa resposta do goberno municipal que é solapar os actos e facer contraprogramacións incluso nun mesmo espazo -como ocorreu na praza de Pastor Díaz-, trasladando unha imaxe de desorganización e falta de respecto da que non damos crédito. Isto demostra o declive sen límite dun goberno municipal con dúas cuantiosas dedicacións exclusivas onde parece que todo lles da igual. O pasotismo é total”, segundo considera a portavoz.
“Os veciños coñecemos o programa a última hora a través das redes sociais do Concello e, aínda por riba, está incompleto”. Gueimunde sinala “omisións importantes coma a da tradicional subida ao monte San Roque, copatrón da nosa cidade e día grande de Viveiro. Tampouco haberá a sardiñada das Nogueiras. E improvisan e rectifican a golpe de segundo en función das protestas veciñais: agora non hai fogos artificiais e agora si. Non respectan os horarios e xeran confusión entre veciños, turistas e os propios protagonistas dos eventos. Todo un despropósito difícil de describir que nos deixa de novo á cola non só da provincia senón de Galicia”, lamenta a popular.
Mariña Gueimunde non dubida que a ocorrencia da alcaldesa de dicir que o Concello non pode organizar as festas cando conta con máis persoal e medios que nunca, se debe única e exclusivamente á obsesión do BNG coa independencia. O bipartito funciona como dous gobernos independentes, divididos, non son un equipo para xestionar nin as festas nin nada”.
Así mesmo engade: “Estas coalicións de perdedores son nefastas para o interese dos cidadáns porque Loureiro e Bermúdez van única e exclusivamente ao seu. Máis de 20 anos organizando as festas o Concello e agora non queren traballar nin unha, nin outra. Se non queren, non saben ou non poden, que deixen paso a quen si quere traballar para os veciños e se compromete a organizar unhas festas patronais á altura do que demanda o terceiro municipio da provincia”.
A voceira do PP de Viveiro pregúntase como se ten chegado a esta situación de deixadez tan lamentable chegando incluso a levantar das sillas a quen disfrutaba dos actos na praza Maior coa escusa de que logo terían que facer horas extras os empregados do Concello, “unha falta de respecto sen precedentes aos cidadáns e sobre todo ás persoas de idade que ocupaban os seus asentos”.
E conclúe: “María Loureiro só pon escusas a un desastre tras outro despois de máis de 20 anos de xestión penosa e Míriam Bermúdez actúa como se non fora con ela e despreocúpase de todo o que non sexa a súa parceliña de poder”.





















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



