Ribadeo, 29 de agosto de 2024. O Salón dos Alcaldes acolleu esta mañá a recepción ofrecida polo Concello aos deportistas locais que acadaron medallas este ano nos Campionatos Nacionais nos que participaron ou que foron finalistas.
Trátase de Paula Conde Carrelo, Brais García González e Pablo Fernández Díaz en atletismo; Manuela Lastra Castillo, Elena Justo Carballeira e Judith Fraiz Carreira, en piragüismo; e Carlota Peña Vior, Irene García Valle, Antón Balsa Val, Irene Martínez López, Mateo Monteserín González, Conrado Lara Calonge, Paloma Monteserín González, Adriana García Martínez, Izan Alonso Fernández, Sara Rodríguez Álvarez, Pelayo Fernández Ron e Daniel Rivas Oural en remo.
No acto participaron o alcalde, Dani Vega; o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent; Javier Suárez, representante de Reny Picot; e o técnico municipal de Deportes, Iván López.
O alcalde, Dani Vega, destacou “o traballo, dedicación, disciplina e constancia” de todos estes deportistas aos que lles lembrou que “son embaixadores de Ribadeo” aló por onde van.
O rexedor agradeceu o apoio da empresa Reny Picot, que é a que achega os agasallos ás rapazas e aos rapaces homenaxeados hoxe. Recibiron cheques de 150 euros (os campións), 100 euros (os subcampións), 60 euros (os terceiros clasificados) e 30 euros (os finalistas).
Vega tamén tivo palabras de recoñecemento para o concelleiro e para o técnico de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López polo traballo que están a realizar ao longo de todo ano neste departamento.
























O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


