Numerosas actividades lúdicas e gastronómicas nesta XXVII edición da Festa da Tortilla
Barreiros, 9 de agosto de 2024. Este venres 9 de agosto ás 7 da tarde no adro da capela presentouse a Romería de San Caetano, que se celebrará o sábado 17 de agosto e o domingo 18 de agosto en Celeiro de Mariñaos. Esta romería, con fonda tradición na parroquia e na comarca contempla tamén a celebración da Festa da Tortilla, que vai xa pola XXVII edición. Nesta presentación, na que se obsequiou aos asistentes coa proba da tortilla, procedeuse tamén á inauguración da Fonte de San Caetano, obra realizada polo concello, e que desde a Asociación Irmandade San Caetano, organizadora da romería quixeron dedicar a todas e todos os que traballaron e loitaron pola recuperación da capela, tal como reza a placa que ao efecto instalaron na fonte.
Ao acto asistiron a alcaldesa e o goberno municipal, xunto coa directiva da asociación, e colaboradoras e colaboradores da comisión de festas.
A romería comezará o sábado 17 ás 13:00 con misa na capela e procesión, para continuar con unha maravillosa sesión vermu co cuarteto tradicional XARAMOLO e o grupo de música cubana con alma galega TOXO GUAYABA.
Haberá concurso de tortillas, e por suposto, degustación de tortilla. Pola tarde, outra gran actuación musical para o público miudo: BRAIS DAS HORTAS, co espectáculo “Consertasso na horta”. Pola noite actuará o dúa BELA & CHARLO, coas mellores versións e seguidamente, Sesión D´j. Haberá o xa clásico Baile do Farolillo e ao remate, chocolatada.
O domingo 18, ás 13:30 iniciarase unha espectacular sesión vermú con dous grandes grupos: OS PANDERETEIROS DO INFERNO, que chegan desde o averno de Ribadeo cos seus sons tradicionais e as súas gorxas contundentes, e OS FESTICULTORES TROUPE, os cultivadores das festas. A tapa desta sesión vermú será o xamón cocido e cunca de caldo.
Ás 17:30 será o concurso MÁSTER TORTILLA, que poñerá o broche final a esta romería.
Camisolas de deseño xa á venta
No plan de difusión desta romería contan tamén con unha camisola, deseñada polo artista gráfico David Ribas Pena, inspirada na obra do noruego Edvard Munch, “El grito”, que dá forma e cór tamén ao cartel da festa. Esta prenda e demáis material de merchandising está xa á venta e poderase adquirir tamén na propia romería.






















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



