A ANPA inicia as mobilizacións ante o incumprimento por parte da Xunta dos acordos sobre agrupamentos previstos para o curso 2024/2025 e a supresión da praza de especialista en pedagoxía terapéutica no centro público de Alfoz
Alfoz, 16 de setembro, 2024. A ANPA do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro de Alfoz, acompañada de familias, alumnos, docentes e representantes políticos, levou a cabo unha concentración esta mañá ás portas do centro, coincidindo coa entrada do alumnado, convocada en sinal de protesta ante a carencia de profesorado no inicio do curso escolar 24/25. Na concentración, explicóuselles aos asistentes as reivindicacións do colectivo e gardouse un minuto de silencio “simbolizando a morte dos colexios rurais, á que están abocados pola falta de compromiso da Xunta de Galicia con estes centros”, indican desde a Anpa.
As reivindicacións das familias céntranse no cumprimento dos acordos sobre agrupamentos previstos para o curso 2024/2025 e reposición da praza de especialista en Pedagoxía Terapéutica, suprimida no centro de Alfoz. Así, desde a ANPA declaran que “reclamamos que a Xunta cumpra a Resolución do 10 de xaneiro de 2024”, publicada no DOG de 17 de xaneiro, e que os sindicatos asinantes, “velen polo seu cumprimento”.
Débese recordar que en dita resolución, indícase que nas aulas que escolaricen alumnado de diferentes niveis, ciclos e/ou etapas educativas serán de aplicación as ratios recollidos no Acordo de agrupamentos do alumnado, do 10 de xullo de 2009. Neste Acordo de agrupamentos indicábase que se poderá agrupar o alumnado de primaria pertencente a distinto ciclo nunha mesma unidade cando o número sexa igual ou inferior a 12, polo que desde o colectivo subliñan que “estase incumprindo o acordo pois temos 15 alumnos nun dos agrupamentos” e ademais recordan que “aínda que no outro agrupamento contamos xustamente con 12 alumnos, habería que avaliar se algún deles ten necesidades específicas de apoio educativo o que modificaría a ratio, todo isto agravado polo feito de que nos eliminan a especialista en Pedagoxía Terapéutica coa que contaba o centro”.
Dende a asociación subliñan ademais que “estamos totalmente en desacordo coas declaracións aos medios, por parte da Xunta, nas que se di que este acordo se fará de forma progresiva, pois isto é faltar ao que indica o DOG”. Recordan que dita resolución, concretamente no punto 2.1.1., indica que no curso 2024/25 iniciarase o calendario de aplicación cunha ratio máxima de 20 alumnos/as en 4º de educación infantil, “referíndose a centros que actualmente non teñen agrupamentos”, e con respecto aos centros con agrupamentos, “literalmente di no punto 2.7: Nas aulas que escolaricen alumnado de diferentes niveis, ciclos e/ou etapas educativas serán de aplicación as ratios recollidas no Acordo de agrupamentos do alumnado, do 10 de xullo de 2009”, acordo que non se está cumprindo.
Tras este acto reivindicativo, a Anpa do CEIP Castro de Ouro de Alfoz, continúa a espera dunha resposta oficial por parte da Xefatura Territorial, “creo que como representantes das familias somos un interlocutor necesario coa administración e, a día de hoxe, siguen sen poñerse en contacto con nós”, contando coa única información aportada pola dirección do centro o pasado venres. Ante esta situación, non descartan outro tipo de iniciativas “encamiñadas á defensa do noso colexio”, e celebrarán unha asemblea xeral coas familias o vindeiro venres 20.






















O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



