O presidente electo comprometeuse a “traballar dende a humildade e a responsabilidade” da man dun equipo renovado e integrado por mozos e mozas cunha media de idade de 23 anos e procedentes de distintas comarcas da provincia
Lugo, 6 de setembro de 2024. Miguel Gallego resultou elixido presidente de Novas Xeracións da provincia de Lugo no congreso que a formación celebrou este venres 6 de setembro e que contou coa participación da presidenta provincial, Elena Candia, a presidenta de Nuevas Generaciones, Beatriz Álvarez Fanjul, e a presidenta de NNXX de Galicia, Nicole Grueira.
Gallego, de 26 anos e portavoz do PP no municipio de Samos, durante a súa intervención tras ser proclamado presidente agradeceu o apoio e comprometeuse a “traballar dende a humildade” da man dun equipo renovado e integrado por mozos e mozas cunha media de idade de 23 anos e procedentes das distintas comarcas, con formación e intereses diversos e “todos eles moi implicados no noso proxecto político” e “concienciados da responsabilidade que supón representar a todos os membros de Novas Xeracións da nosa provincia”.
O presidente electo subliñou a importancia da Novas Xeracións que “reforzan as bases do Partido Popular da provincia” e “achegan o noso proxecto político aos máis novos e novas”. Así mesmo, avanzou distintos obxectivos de traballo: impulsar agrupacións locais, promover a afiliación para incrementar a base do noso proxecto político, colaborar con alcaldes e portavoces na organización de eventos cos que promover o partido entre os mozos e mozas e desenvolver unha estratexia de comunicación coa que difundir as nosas ideas a través das redes sociais; ademais de manter reunións periódicas.
Miguel Gallego subliñou que, “ao tratarse dunha organización xuvenil que representa aos que estamos comezando unha vida, axudarémonos uns aos outros a nivel persoal e profesional” porque “xuntos somos máis fortes”. Nese sentido, “agardamos o apoio de persoas de distintas idades que representan a esencia do Partido Popular”.
VALENTÍA, UNIDADE E RENOVACIÓN
Elena Candia sinalou que “ao igual que Nicole a nivel autonómico, Miguel foi valente asumindo responsabilidades (ambos encabezaron a candidatura popular nos seus respectivos concellos nas pasadas eleccións municipais). Ambos saben da importancia de ir conseguindo obxectivos que non son outros que construír unha provincia mellor dende a base”.
Así mesmo, agradeceu a participación e gran implicación dos mozos e mozas neste congreso que demostran que “Lugo ten futuro” e animou ao novo equipo que se vén de renovar “a traballar dende a unidade”. A mandataria provincial dixo que “as estruturas xuvenís son necesarias” e, nese sentido, tivo palabras de recoñecemento para o traballo da directiva predecesora e para a aportación de todos os membros de Novas Xeracións.
A presidenta nacional de Nuevas Generaciones, Bea Fanjul, subliñou que “NNGG, al ser una organización compuesta por jóvenes, necesita estar en renovación permanente porque nuestra vida en esta etapa cambia mucho. Por eso los Congresos son fundamentales para que el engranaje no se oxide”. Así, indicou que “NNGG en Galicia es ejemplo de una organización que se está renovando para ser la que mejor se parezca y entienda a los jóvenes gallegos. Hace menos de un año entró Nicole y ahora es el momento de Lugo”.
Cun equipo renovado en Lugo, “Nuevas Generaciones seguirá abordando los retos de la juventud gallega y dando apoyo a Elena Candia a nivel provincial, a Alfonso Rueda a nivel autonómico y haciendo que el mensaje de que España necesita Alberto Núñez Feijoó como presidente del Gobierno llegue a cada rincón de Galicia”.
E, pola súa banda, Nicole Grueira -presidenta de NNXX de Galicia- agradeceu tamén “o magnífico traballo da presidenta saínte e de todo o seu equipo” porque “o seu traballo e compromiso foi clave para o desenvolvemento da organización”.
Nesa liña, convidou á renovada directiva provincial a “seguir traballando con gran ilusión e compromiso en favor da xuventude lucense. Coa determinación de axudar e de construír un futuro mellor, as novas xeracións temos a responsabilidade de representar e responder ás demandas da xuventude galega”. O noso obxectivo é “defender os seus intereses e promover a súa participación activa na sociedade”.
XUNTA DIRECTIVA DE NNXX DA PROVINCIA DE LUGO
A xunta directiva estará conformada por unha vintena de mozos e mozas:
Miguel Gallego (Samos), 26 anos: presidente de NNXX da provincia de Lugo
Cristina Fernández (Lugo), 23 anos: secretaria xeral
Eyner Fernández (Lugo), 26 anos: secretario de organización
Inoa Pardo (Cervo), 23 anos: coordinadora zona norte da provincia
Pablo López (Monforte de Lemos), 21 anos: coordinador zona sur da provincia
Nicolás Pérez (Lugo), 18 anos: vicesecretario de redes e comunicación
Javier Arias (Sarria), 25 anos: vicesecretario de Medio Rural
Alba Pérez (Carballedo), 29 anos: vicesecretaria de Acción Política
Celine Fernández (Vilalba), 25 anos: vicesecretaria de Igualdade
Saúl Fuente (Burela), 19 anos: vicesecretario de Acción Social
Gabriel Piñeiro (Lugo), 22 anos: vicesecretario de Pol. Internacional e Inmigración
María Mouriz (Lugo), 22 anos: vicesecretaria de Políticas para a Xuventude
Sandra de Bernardo (Xermade), 26 anos: vogal
María López (A Pastoriza), 26 anos: vogal
Héctor Troitiño (Castroverde), 18 anos: vogal
Ángel Díaz (Monforte de Lemos), 22 anos: vogal
Brais Rodríguez (Portomarín), 29 anos: vogal
Christian Fernández (Lugo), 29 anos: vogal
Rubén Costa (Lugo), 20 anos: vogal
Ainhoa Valín (Lugo),19 anos: vogal
Gabriel Fernández (Lugo), 19 anos: vogal
Paula Gallego (Lugo), 20 anos: vogal
Gabriel Timiraos (Viveiro), 26 anos: vogal
Miguel Pino (Burela), 25 anos: vogal



















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



