Unha concentración veciñal tivo lugar este domingo 22 diante do consultorio de Castro de Rei
Castro de Rei, 22 de setembro de 2024. O Bloque Nacionalista Galego en Castro de Rei coa concelleira, Olga García á cabeza, e co apoio da Deputada Provincial, Iria Castro, volveu concentrarse coa veciñanza das parroquias afectadas polo peche do consultorio de Castro de Rei.
O consultorio de Castro de Rei leva todo o verán pechado e a veciñanza das parroquias afectadas teñen que desprazarse ata Castro Riberas de Lea para ter atención médica “a veciñanza das parroquias afectadas xa estan cansas de que o PP os ningunee, o servizo médico precisase durante todo o ano” declara Olga García
A concelleira subliñou “é intolerábel que as veciñas e veciños deste concello non contemos con servizos sanitarios dignos, supón unha vulneración flagrante dos dereitos fundamentais da veciñanza afectada pois impede o seu acceso á sanidade pública e afonda nunha maior desigualdade da poboación de concellos rurais” e incidiu “o peche deste consultorio é unha decisión política, decisión da cal o goberno municipal é cómplice” pois non se esta tendo en conta que a veciñanza de Castro de Rei ten que desprazarse 20 km ata o centro de Castro de Ribeiras de Lea o cal tamén esta con servizos baixo mínimos”
O BNG de Castro de Rei xa presentou unha moción no pleno municipal para instar ao Sr. Alcalde a que se posicionara de lado da veciñanza e esixise á Xunta de Galicia a apertura deste centro, esta moción ía acompañada de 200 sinaturas recollidas polas parroquias afectadas “ o grupo municipal do PP votou en contra desta moción, esta claro de parte de quen esta o Sr. Balado e a súa equipa” informa a concelleira nacionalista




















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



